Comarcas

O Porriño facilita aos peregrinos a expedición de credenciais do Camiño Portugués

Reforza o seu papel como punto de inicio do Camiño de Santiago, que en 2025 superou os 100.000 peregrinos

O Porriño facilita aos peregrinos a expedición de credenciais do Camiño Portugués
O Porriño facilita aos peregrinos a expedición de credenciais do Camiño Portugués

O Concello do Porriño informa de que, desde hoxe, as persoas que desexen iniciar o seu percorrido polo Camiño Portugués a Santiago poderán adquirir no municipio as credenciais oficiais necesarias para realizar a ruta xacobea.

As credenciais estarán dispoñibles na oficina de VIDE, situada na rúa Ramón González, o que facilita que os milleiros de peregrinos que cada ano escollen O Porriño como punto de partida poidan iniciar a súa experiencia con toda a documentación necesaria para obter posteriormente a Compostela.

Colaboración parroquial e mellora do servizo

O Concello agradece especialmente a colaboración e as xestións realizadas polo párroco de Santa María do Porriño, Don Ángel, que fixeron posible a posta en marcha deste servizo no municipio.

Coa incorporación deste punto de expedición, búscase mellorar a atención aos peregrinos e reforzar a imaxe do municipio como unha das principais portas de entrada ao Camiño Portugués.


O Camiño Portugués, en crecemento

O Camiño Portugués continúa consolidándose como unha das rutas xacobeas máis transitadas. Durante o ano 2025 rexistrou un total de 100.831 peregrinos, dos cales 3.646 iniciaron o seu percorrido no Porriño, completando os 100 quilómetros mínimos esixidos para obter a Compostela.

Co obxectivo de mellorar a acollida, cada credencial entregarase acompañada dun estuche conmemorativo cos símbolos oficiais do Camiño de Santiago, así como unha mensaxe de benvida e bo camiño.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, salientou que o municipio “é un punto de partida elixido por milleiros de peregrinos de todo o mundo” e subliñou a vontade de ofrecer unha experiencia inicial “da mellor maneira posible, levando un recordo da nosa hospitalidade e da nosa vinculación histórica co Camiño de Santiago”.

Pola súa banda, a concelleira de Turismo, Vanessa Ucha, sinalou que esta medida responde a unha demanda necesaria para mellorar os servizos turísticos e recalcou que “O Porriño é Camiño, pero tamén é destino”.


Impulso ao turismo xacobeo

Con esta iniciativa, o Concello do Porriño continúa reforzando a atención ás persoas peregrinas e a promoción do Camiño Portugués como un dos principais recursos turísticos e culturais do municipio.


Outras novas


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.