
A organización xuvenil Galiza Nova realizou este martes pola tarde unha acción de protesta na Praza da Estación de Vigo para expresar o seu rexeitamento á celebración do Día das Forzas Armadas na cidade.
Esta iniciativa consistiu no despregamento dunha faixa xigante co lema “Non á guerra imperialista. A mocidade galega pola paz e a soberanía!”, acompañada dunha imaxe do rei Felipe VI colocada do revés.
Segundo explicou a organización nacionalista, a utilización da imaxe invertida do monarca pretende simbolizar o “rexeitamento total” da mocidade galega á monarquía española como máxima autoridade das Forzas Armadas. Ademais, criticaron o papel dos exércitos no marco das alianzas militares internacionais e cuestionaron o gasto económico destinado ao despregamento militar previsto estes días na cidade.
Galiza Nova sostén que este investimento contrasta coa situación económica e social que, ao seu xuízo, afecta especialmente á mocidade e ás clases populares, defendendo que os recursos públicos deberían priorizar outras políticas sociais.
O sábado, día 30, ás 12:00h. dende Vía Norte
A acción desenvolveuse poucos días antes do acto central do Día das Forzas Armadas, que converterá Vigo no escenario principal da celebración estatal e que culminará co desfile previsto en Samil, presidido polo rei Felipe VI. Vigo acolle durante estes días distintas actividades vinculadas á programación militar, entre elas exposicións, exhibicións e presenza naval.
A organización aproveitou tamén a protesta para facer un chamamento á participación na mobilización convocada para este sábado pola plataforma Galiza pola Paz, que partirá ás 12:00 horas desde Vía Norte baixo o lema “Paz e soberanía. Nin guerra, nin OTAN nin gastos militares. Non ao desfile militar”. A convocatoria busca expresar o seu rexeitamento ao incremento do gasto militar e ás políticas de rearme.
Representantes da plataforma teñen defendido nos últimos días que os recursos económicos destinados á defensa deberían orientarse a ámbitos como a sanidade, o ensino público, as pensións ou a atención á dependencia.
Outras novas
- Unha faixa xigante e a imaxe do Rei do revés: Galiza Nova protesta contra o desfile militar
- Detenida en Vigo por robar joyas valoradas en más de 7.000 euros en casas donde trabajaba
- Vigo se llena de helicópteros, rescates y exhibiciones militares, este miércoles
- La huelga de limpieza de Vigo, seguida al 100%, deja ya 250 toneladas diarias de basura sin recoger
- Gondomar investirá 300.000 euros na transformación e mellora do cemiterio municipal





