
A Consellería do Medio Rural acordou a suspensión temporal das queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia a partir deste venres e ata novo aviso, como medida preventiva ante o incremento das temperaturas -que superarán os 30 grados o xoves, achegaránse aos 40 graos na provincia de Ourense o venres e máis de 30 o sábado- e o aumento do risco de incendios forestais.
A decisión implica que non se concederán novas autorizacións para realizar este tipo de actividades e, ademais, os permisos que xa foran autorizados deixarán de ter validez desde a entrada en vigor da medida.
Segundo explica a Xunta, a suspensión foi adoptada tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e analizar distintos indicadores técnicos que inflúen no risco de incendio. A normativa vixente tamén establece a paralización das queimas cando as condicións meteorolóxicas poden dificultar o control do lume e incrementar o perigo de propagación.
Extremar a prevención
Desde a administración autonómica fan un chamamento á colaboración cidadá para extremar as medidas de prevención e manter a máxima prudencia durante estes días. Neste sentido, lembran que desde este venres e ata novo aviso queda prohibido o uso do lume para actividades agrícolas e forestais por parte de particulares.
A Xunta tamén solicita á poboación que comunique calquera actividade incendiaria sospeitosa da que poida ter coñecemento e lembra que o teléfono gratuíto 085 permanece operativo para alertar sobre a detección de incendios forestais.
Outras novas
- Prohibidas desde este venres as queimas agrícolas e forestais: os concedidos quedan anulados
- La Justicia alerta de un “grave riesgo” y condena al Concello por la situación de los Bomberos
- Unha faixa xigante e a imaxe do Rei do revés: Galiza Nova protesta contra o desfile militar
- Detenida en Vigo por robar joyas valoradas en más de 7.000 euros en casas donde trabajaba
- Vigo se llena de helicópteros, rescates y exhibiciones militares, este miércoles





