

O Porriño acolle estes días a II Mostra da Camelia, unha cita floral que reúne máis de medio cento de expositores procedentes de distintos puntos de Galicia e tamén de Portugal. A exposición poderá visitarse ata este domingo nunha carpa instalada no Parque do Cristo.
Nesta segunda edición, a mostra ocupa 105 metros lineais de exposición nos que se exhiben os mellores centros florais dos participantes, unha decena máis que na primeira convocatoria. Segundo destacou o vicepresidente da Sociedade Española da Camelia, Antonio Luis Montes, durante a inauguración, o evento está xa “consolidado” no calendario floral.


No acto de apertura o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, convidou á cidadanía a achegarse ao municipio para visitar a mostra, saliengando o atractivo do Porriño como destino. Tamén lembrou que a próxima fin de semana se celebrará no municipio a Feira Apícola das Rías Baixas, outro evento vinculado á natureza, á cultura e á gastronomía.
A II Mostra da Camelia convive estes días coa Exposición das Camelias dos galegos e galegas, que permanecerá aberta ata o 14 de abril na praza Arquitecto Antonio Palacios.
Outras novas
- Detenido tras matar a su pareja en plena calle, en Figueres
- Vigo tendrá una nueva área de cirugía maxilofacial, en el Meixoeiro
- El BNG acusa al alcalde de “simular” políticas de vivienda en la ciudad
- Caballero acusa a la Diputación de deber 6 millones en obras en Vigo
- Colapso do mexillón en Galicia: pechan todas as bateas pola marea vermella





