
A feira FormaMOS arrancou este xoves en Mos cunha ampla participación e unha programación diversa que a consolida como un dos eventos de referencia en Galicia no ámbito da orientación formativa e laboral. Durante dúas xornadas, a iniciativa reúne alumnado, centros educativos, empresas e entidades nun espazo pensado para conectar a formación coa realidade do mercado laboral.
Desde primeira hora de onte, o evento destacou pola súa capacidade de atraer público, cun espazo aberto cheo de actividade e propostas dinámicas como talleres de imaxe persoal, iniciativas de emprendemento e actuacións musicais en directo, que contribuíron a crear un ambiente participativo e atractivo.
Un espazo para tomar decisións con visión realista
No acto institucional de inauguración, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, puxo en valor o papel de FormaMOS como algo máis que unha feira informativa, definíndoa como un espazo no que moitas persoas poden comezar a tomar clave sobre o seu futuro, desde unha perspectiva máis conectada coa realidade social e profesional actual.
A xornada incluíu tamén contidos de alto valor formativo, como a intervención dun experto en psicoloxía educativa que abordou o impacto do uso das tecnoloxías e das redes sociais no desenvolvemento emocional da mocidade, unha temática especialmente relevante no contexto actual.
Formación, emprego e conexión co tecido empresarial
Un dos eixos centrais de FormaMOS é a relación directa entre formación e emprego. Neste sentido, o Espazo FP Pyme funcionou como punto de encontro entre empresas, centros educativos e alumnado, con especial atención á formación profesional dual e á captación de talento.
A feira tamén ofreceu demostracións prácticas e exhibicións que espertaron gran interese entre os asistentes, reforzando o carácter divulgativo e experiencial do evento.
Segunda xornada centrada na inclusión e a participación
FormaMOS seguiu este venres coa súa segunda e última xornada, na que a inclusión e a participación activa foron as protagonistas. O programa incluiu obradoiros de lingua de signos, formación en primeiros auxilios e comercio, así como actividades de sensibilización e escenificacións centradas na toma de decisións.
Tamén houbo continuidade nas propostas do espazo aberto, contidos audiovisuais e novas sesións orientadas á empregabilidade, incluíndo talleres sobre intelixencia artificial aplicada á busca de emprego.


Un evento que medra e se consolida
Coa alta participación rexistrada desde o seu inicio, FormaMOS reafirma o seu papel como unha ferramenta útil e necesaria para orientar á mocidade nun contexto cada vez máis complexo, no que a elección formativa e profesional require información, contacto directo co tecido produtivo e experiencias reais.
A feira péchase este deixando unha mensaxe clara: a orientación de futuro non pode ser teórica, ten que ser práctica, conectada e accesible.
Outras novas
- Denuncian ante Fiscalía una granja de visones por presunto maltrato animal y deficiencias sanitarias
- Mundial 2030: no hay proyecto redactado para Tribuna y no se cumplen los plazos planteados por el Concello
- Vigo aplicará la tasa turística de forma progresiva desde octubre: estas serán las tarifas
- La Zona de Bajas Emisiones amplía excepciones: consulta si tu coche podrá entrar
- Miriam Rodríguez protagonizará una gran fiesta musical en Vialia antes del Galicia Fest







