O pavillón polideportivo de Coia acollerá este domingo 23 de novembro, a partir das 17:00 horas, o Torneo Xuvenil de Voleibol, unha proposta deportiva e lúdica dirixida a mozas e mozos de 14 a 25 anos. A iniciativa forma parte do programa ‘Outra Movida‘, impulsado polo Centro Xuvenil Abertal e subvencionado pola Deputación de Pontevedra, que ten como obxectivo crear espazos de encontro e ofrecer alternativas de ocio saudable para a mocidade viguesa.
O torneo celebrarase en colaboración co Club Vigo Voleibol e contará con equipos formados por entre 6 e 8 participantes. Os partidos disputaranse a un único set, unha fórmula pensada para fomentar o bo ambiente, a participación e o espírito deportivo por riba da competitividade.
Outras novas
- Hallan un cadáver en avanzado estado de descomposición en Monteferro, en Nigrán
- KLM aterriza por primera vez en Galicia con una ruta directa entre Santiago y Ámsterdam
- Muere un motorista en una colisión con un turismo en Arbo
- Vigo estrena el desfile de las Fuerzas Armadas con miles de asistentes y un incidente inédito con la bandera de España
- El Paseo de Alfonso escenarios, este domingo, un concierto gratuito al aire libre
Mira como inscribirte
A actividade é completamente gratuíta, mais as prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deberán inscribirse a través do formulario habilitado pola organización. Desde Abertal engaden que esta proposta busca promover o traballo en equipo, a convivencia e a aprendizaxe a través do deporte, ao tempo que reforza os vínculos entre a mocidade mediante un espazo seguro e positivo.
O Torneo Xuvenil de Voleibol intégrase na programación de outono de Outra Movida, un proxecto que semanalmente ofrece actividades de lecer alternativo, formación, creatividade e convivencia xuvenil, combinando deporte e cultura para fortalecer a participación activa da xente nova na vida comunitaria.





