Redacción | vigoalminuto / Imaxe: ARQUIVO
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) publicou as listas provisionais de contratación temporal de persoal funcionario sanitario, coas persoas admitidas e excluídas e as puntuacións obtidas por cada aspirante. O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este xoves a actualización das bolsas para cubrir postos de inspección sanitaria e outras categorías de persoal funcionario.
En total, figuran 2.954 aspirantes admitidos nas seis listas:
- 136 para inspector médico
- 522 para inspector farmacéutico
- 518 para farmacéutico inspector de saúde pública
- 1.048 na lista xeral de licenciado sanitario
- 282 para subinspector sanitario
- e 448 na categoría de ATS/DUE
A actualización incorpora novas solicitudes e rexistra un aumento de candidatos en todas as categorías respecto ao proceso anterior. As listas suman 26 aspirantes máis para inspector médico, 28 para inspector farmacéutico, 34 para farmacéutico inspector de saúde pública, 76 na lista xeral de licenciado sanitario, 14 para subinspector sanitario e 28 na de ATS/DUE.
Segundo os datos facilitados polo Sergas, o 6,84% das solicitudes corresponden a novas inscricións presentadas despois da data límite do proceso anterior. O 1,89% das solicitudes desta actualización quedaron excluídas.
As bolsas permiten seleccionar persoal para distintos corpos de inspección sanitaria, así como para as clases de licenciado sanitario e ATS/DUE, segundo a normativa da Lei 17/1989, do 23 de outubro.
As persoas interesadas poden consultar as listas na web do Sergas, no apartado Emprego público – Listaxes de contratación de persoal funcionario sanitario. Tamén poden comprobar o estado da súa solicitude no expediente electrónico persoal de Fides/expedient-e, dentro da sección de procesos.
Quen queira presentar unha reclamación dispón de dez días hábiles, ata o 5 de novembro, ante as xerencias das áreas sanitarias ou as direccións responsables da xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade.
OuTraS NoVaS
- Del pulpo a la cocina japonesa: tres días para comerse el Mercado do Berbés
- O Sergas publica as listas provisionais de contratación de persoal sanitario con máis de 2.900 aspirantes
- Una estafa con pellets en Ponteareas destapa una red internacional de blanqueo con criptomonedas
- El negocio de las joyas falsas: tres detenidos en Vigo por estafar 19.500€ a compradores de oro
- El Concello busca nuevos vuelos en Frankfurt, sin desvelar aún con qué compañías negocia





