O Concello do Porriño vén de finalizar as obras de ampliación e mellora da accesibilidade no pavillón municipal e na pista ao aire libre nas inmediacións do CEIP Xosé Fernández López. A actuación permitiu modernizar as instalacións, incrementar a súa capacidade e garantir accesibilidade universal para todas as persoas.
Este proxecto contou cun orzamento total de 157.086€ dos cales 120.974 foron achegados pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do I Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, e os 36.111€ restantes financiados polo propio Concello.

Melloras realizadas
Segundo explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, as intervencións principais foron:
- Ampliación do pavillón: demolición da grada interior e parte da fachada sur para gañar superficie e adaptar a pista a medidas regulamentarias.
- Creación de novos espazos: dous vestiarios, dous aseos adaptados, dous aseos para árbitros e un almacén.
- Reforma exterior e drenaxe: substitución do sumidoiro da cancha ao aire libre e instalación de varandas de vidro para protexer desniveis.
- Accesibilidade: construción dunha rampla que conecta o colexio, a pista exterior, o espazo público e o interior do pavillón, eliminando barreiras arquitectónicas e incorporando pasamáns e elementos adaptados.
Outras novas
- Rueda coloca la primera piedra del IES Domingo Villar en Navia y fija su apertura en 2028
- Caballero culpa a la Xunta del alquiler en Vigo mientras el Concello sigue sin viviendas municipales en obras
- Hallan herida a una mujer de 54 años en Sanxenxo y muere horas después
- O profesorado en folga este martes, para esixir melloras á Xunta
- Arrancan las obras para salvar Praia América tras los graves daños de los temporales
O presidente da Deputación, Luis López, salientou que estas obras forman parte dun impulso de 525.000 euros co obxectivo de modernizar as instalacións municipais do Porriño, mellorando a práctica deportiva.





