O grupo municipal do PP de Redondela denunciou publicamente o que considera “escurantismo e falta de transparencia graves” por parte do goberno de Digna Rivas, tras a negativa reiterada a facilitar información solicitada formalmente sobre sete expedientes considerados clave para o Concello.
Segundo os populares, estas peticións foron vistas pola voceira do executivo, Rita Pérez, pero sempre obtiveron silencio como resposta, en casos que datan de máis dun ano. Para o PP, esta situación supón “unha absoluta falta de respecto institucional” e dificulta a labor de fiscalización do principal grupo da oposición.
Expedientes sen entregar
O vicevoceiro popular, Iván Crespo, indicou que a documentación solicitada inclúe:
- Compra de Villa Elisa
- Proxecto do paseo de Cesantes
- Situación do Servizo de Axuda no Fogar
- Axudas de Igualdade pendentes desde 2023
- Datos da derradeira Festa do Choco
- Curso da Policía Local sobre entrada en domicilios por violencia de xénero
- Proxecto de reurbanización das rúas Cardosas, Salgueiral e Ernestina Otero
Crespo cualificou a situación de especialmente grave no departamento de Igualdade, liderado por Iria Vilaboa, acusando ao executivo de querer “tapar a súa nefasta xestión”.
Outras novas
- Vigo está a un paso de los 200 murales: así crecerá su gran museo al aire libre
- Mos gaña un novo eixo urbano tras a reforma das avenidas de Puxeiros e Rebullón
- La Policía y la familia reanudan la búsqueda de la joven Carmen López
- Caballero: “La Xunta tendrá más dinero que nunca, pero sigue sin invertir en Vigo”
- La reforma de la rúa Pazo tendrá que volver a licitarse tras la renuncia de la adjudicataria
Posicionamento e advertencia
O concelleiro destacou que a negativa a entregar a documentación afecta directamente aos veciños, xa que o PP é o seu representante e ten a obriga de trasladarlles a información. Crespo advertiu que, de non recibir os expedientes de inmediato, o grupo seguirase a solicitar por todas as vías políticas, administrativas ou doutra índole.
O concelleiro tamén ironizou sobre o uso de eufemismos como “soles, chistorras ou leitugas” en relación a casos de suposto diñeiro negro, facendo alusión a políticas de ocultamento do goberno local





