O Hospital Álvaro Cunqueiro contará nas próximas datas cunha nova instalación consistente nunha horta sanitaria biosaudable destinada á promoción da saúde, a inclusión social, e a educación ambiental, que fomenta a economía circular e o benestar de pacientes, profesionais e comunidade.
Así, con esta instalación preténdese desenvolver programas orientados á prevención e mellora da saúde en pacientes seleccionados para a realización de actividades de horticultura terapéutica, “ademais de tratar de fomentar o voluntariado profesional sanitario neste labor e establecer vías de comunicación e cooperación coa área de influencia do hospital; en especial, centros de educación primaria da contorna e á formación agrícola básica a persoas desempregadas sobre educación ambiental, axestión de residuos, o compostaxe e a intervención paisaxística”.
Os produtos obtidos na horta serán destinados a organizacións sociais e entidades solidarias que colaboran na atención alimentaria a familias en situación de vulnerabilidade da cidade de Vigo e os mesmos produtos hortícolas ou florais poderanse utilizar dentro do ámbito do propio hospital sempre en fins sen ánimo de lucro.
Mil metros para a educación ambiental
A horta -na que xa se está a punto de finalizar os seus traballos de adaptación- está localizada nun espazo de mil metros cadrados dentro do xardín existente sobre a cuberta da planta 0 do hospital e disporá de diversas áreas, entre as que destacan con 14 bancais para diferentes plantacións hortícolas-duns 10 metros cadrados de superficie cadanseu- distribuídos de forma modular e funcional e adaptados á diversidade de usuarios, incluíndo persoas con certos problemas de mobilidade.
Ademais, contará cun invernadoiro de 40 m2 de superficie e 3,5 m2 de altura na súa parte central, que permitirán a produción durante todo o ano e a realización de actividades ao aire libre protexidas das condicións meteorolóxicas.
Esta instalación complétase cun secadoiro de sementes e de almacenamento de mulch ou materiais de acolchado, xunto con compostoiros e unha casa de apeirospara ferramentas, substratos e produtos de mantemento. No seu perímetro, haberá plantas aromáticas -fomentando as herbas medicinais e flores- e contará con sistema de regadío e alumeado.
Así mesmo, disporanse elementos sensoriais e decorativos que favorecerán a interacción emocional e cognitiva dos usuarios, especialmente en contextos de terapia ocupacional e saúde mental.
Outras novas
- Xunta y Concello se enzarzan por el fallo de Eiras: la conselleira exige a Caballero que “deje de decir tonterías” y sentarse a una reunión urgente
- Una rampa mecánica conectará el año que viene García Barbón con el HALO
- Desfile de Moda Solidario a favor de la campaña “Cada Niño un Juguete”
- O Porriño tendrá un nuevo servicio de autobús eléctrico entre el centro y las parroquias
- Las luces de Navidad de Vigo se encienden este sábado a las 8 de la tarde
Fomento da participación activa
A superficie total estará organizada coidadosamente para facilitar tanto o mantemento como a participación activa de pacientes, persoal hospitalario e colaboradores externos, “co obxectivo de xerar beneficios en saúde física, emocional e social, reducindo o estrés e favorecendo o vínculo coa natureza nun entorno clínico”.
Na actualidade, os traballos desta instalación están en estado moi avanzado e, nos vindeiros días vaise montar a estrutura do invernadoiro.
“Esta experiencia parte desenvolvemento de proxectos de participación conxunta, que poderán implicar tanto a pacientes como a profesionais sanitarios, sempre orientados aos obxectivos de promoción da saúde, benestar emocional e educación social e ambiental que inspiran a presente iniciativa”.






