O Porriño presenta a primeira edición da “Noite Aberta”, unha proposta novidosa que se celebrará o vindeiro venres, 19 de setembro e coa que se pretende dinamizar a vida comercial e cultural da vila cunha noite chea de actividade, música e promocións especiais.
Dende as 21.00 horas e ata a medianoite, un total de 37 comercios locais, que abranguen dende o sector téxtil, calzado, deporte, xoiería, decoración e tamén alimentación, manterán abertas as súas portas, ofrecendo atención personalizada, os mellores prezos e sorpresas para as persoas que se acheguen a facer as súas compras.
Programación
A programación, enmarcada na Festas do Cristo 2025, arrancará xa ás 18.30 horas cunha festa flamenca
na Praza Arquitecto Antonio Palacios e continuará co concerto de Noemí ás 21.00 horas no Parque do
Cristo, coincidindo coa apertura nocturna dos establecementos.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, puxo en valor esta primeira edición como un claro exemplo de
colaboración entre administración e sector comercial. “A ‘Noite Aberta’ é unha oportunidade para
redescubrir e apoiar o noso comercio local, que é diverso, de calidade e esencial para a vida do Porriño.
Esta iniciativa nace do diálogo co sector e do compromiso do Concello por seguir impulsando a actividade
económica e social da vila”, afirmou durante o acto de presentación desta iniciativa.
Outras novas
- La lluvia estará de vuelta, desde este martes
- Galicia ten en marcha desde o 29 de setembro a campaña de vacinación da gripe e da COVID-19
- La Comisión Europea prioriza el AVE Madrid-Lisboa y deja en el aire la conexión Vigo-Oporto
- Down Vigo estrena su nueva sede en el Casco Vello, con más de 1.100 metros cuadrados
- El Concello de Vigo tendrá que garantizar que el ruido de Navidad no vulnere los derechos de una vecina de Areal
Sorteo de premios
As persoas que fagan compras durante a “Noite Aberta” poderán participar no sorteo de tres carros da
compra valorados en 100 euros cada un. Para iso, deberán mercar en catro comercios participantes
diferentes, cubrir un cupón cos seus datos e depositalo nalgún dos establecementos adheridos.
O sorteo terá lugar o último día das Festas do Cristo, coincidindo tamén coa Festa dos Callos, o domingo 5 de outubro, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello.






