O Concello de Mos vén de manter unha nova reunión técnica co Ministerio de Fomento para concretar as alternativas de tráfico necesarias durante a reparación da ODT (Obra de Drenaxe Transversal) situada á altura do cruzamento da vía de servizo coa estrada coñecida como Camiño da Levantada.
Como xa se informara, esta infraestrutura, que canaliza as augas pluviais procedentes da autoestrada, presenta un afundimento e obstrución importantes que fan imprescindible acometer obras de reparación urxente.
Tamén en vigoalminuto
- Localizan en buen estado al hombre de 86 años desaparecido en Moaña
- Un desprendimiento de tierras obliga a cortar la PO-542 entre Bora y O Pino
- Las promesas pendientes de Caballero y las cuentas que reclama Luisa Sánchez
- Buscan en Moaña a José Costa, un hombre de 86 años desaparecido desde el sábado
- As Ninguéns denuncia la otra cara de la Navidad de Vigo: personas sin hogar en la calle
Entre as 11 da noite e as 7 da mañá
Nesta nova xuntanza analizáronse en detalle as diferentes opcións e finalmente acordouse que o corte da vía de servizo, previsto a partir de outubro, sexa só en horario nocturno, entre as 23.00 e as 7.00 horas, co obxectivo de minimizar as molestias ao tráfico local e reducir o impacto nas recentemente inauguradas obras de humanización de San Eleuterio.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou que “a prioridade é garantir a seguridade da veciñanza e dos usuarios da estrada, ao tempo que se procura que a obra sexa o menos gravosa posible para a mobilidade da contorna”.
Os técnicos municipais e de Fomento están a traballar xa na planificación do dispositivo de tráfico e sinalización, que se activará durante as noites nas que se leven a cabo os traballos.





