Este mes de setembro regresa a Salceda de Caselas a súa tradicional XVII Ruta do Pincho Folk, unha cita xa consolidada no calendario gastronómico e cultural do municipio, organizada dende a Concellaría de Comercio que dirixe Selene González.
Outras novas
- “Isto non é un acto político”: Vigo recibe unha obra que se burla do fascismo para falar do seu avance
- Rescate al límite en alta mar: el Pesca 1 salva de madrugada a un marinero herido grave con olas de 4 metros
- La lluvia no ha sido suficiente: Eiras y Zamáns encaran octubre bajo mínimos
- El Concello acepta la cesión de la antigua Estación de Autobuses y exige a la Xunta conocer el estado real del edificio
- Valladares abre o Circuíto Galego de Teatro Amador con catro obras entre outubro e novembro
Todos os venres e sábados de setembro
Durante todos os venres e sábados do mes de setembro, un total de 16 establecementos de hostalería ofrecerán as súas mellores creacións culinarias a un prezo único de 2,50€, en horario de 20.00 a 23.00 horas.
Os grupos de gaitas de Salceda serán os encargadas de amenizar a ruta, na que se poderán degustar propostas tan variadas como tostas de cecina, solombo, atún, tortiñas de cogomelos, pan coreano, brioche de carrilleiras, costela guisada, gyozas, miniburguer ou brochetas de polbo e gambas, entre outras opcións. Tamén haberá lugar para o doce, cun pincho especial de caprichos de vainilla.
As persoas participantes poderán votar en cada establecemento polo mellor pincho, e o Concello entregará unha placa distintiva aos dous locais mellor valorados.

Probar os pinchos terá premio
Así é. As persoas que completen a ruta dos 16 establecementos recibirán un agasallo sorpresa por parte do Concello. Todas aquelas que participen emitindo o seu voto entrarán no sorteo dunha fin de semana de enoturismo na Ribeira Sacra para dúas persoas, un bono para dúas persoas no Palacio da Auga de Mondariz, un lote de viño e embutidos e vales de compra doados pola Asociación de Comerciantes de Salceda (ACISA).
A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, destaca que “con esta proposta cumprimos tres obxectivos: promocionar o comercio local, apoiar os nosos grupos de gaitas e darlle vida ao pobo. Setembro é un mes de comezos e de novos proxectos, e nós queremos apostar pola dinamización da vida social e económica da man da nosa hostalería, con esta iniciativa que ano a ano deixa tan bo sabor de boca”.





