O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis Lopez, acaba de anunciar un investimento de preto de 2,2 millóns de euros para que 130 mozas e mozos desempregados teñan a súa primeira experiencia profesional nos concellos da provincia. Trátase do programa +Emprega nos Concellos, cuxas bases reguladoras e convocatoria foi aprobada en Xunta de Goberno do organismo provincial.
Deste xeito, tal e como detallou o presidente, +Emprega nos Concellos ofrece 130 contratacións laborais de 1 ano de duración baixo a modalidade de contrato formativo nos concellos de menos de 50.000 habitantes.
Condicións
- Os 11 concellos da provincia con ata 3.000 habitantes terán á súa disposición un contrato
- os 25 con entre 3.001 e 10.000 habitantes 2 contratos
- e os concellos con entre 10.001 e 50.000 habitantes poderán solicitar ata 3 contratos
A contía máxima da achega que se concederá por cada contrato formativo dependerá do nivel de estudo e o salario non poderá ser inferior ao 70% para o grupo profesional e nivel retributivo correspondente aos estudos e funcións desempeñadas.
Tamén en vigoalminuto
- La Comisión de Investigación de la ONU afirma que Israel está cometiendo genocidio en Gaza
- Si buscas trabajo, estas son algunas ofertas de empleo para Vigo
- Tamara celebra más de 25 años de éxitos, en Vigo
- O presidente da Deputación presenta plans de investimentos por 128 millóns para 2026
Deste xeito, no caso dos postos que requiran licenciatura, grao ou diplomatura o máximo mensual será de 1.400 euros e 16.800 ao ano; no dos ciclos superiores de Formación Profesional de 1.200 €/mes e 14.400 €/ano; e no dos ciclos medios de Formación Profesional de 1.000 €/mes e 12.000 €/ano.