O Concello de Covelo anuncia a apertura da Piscina Municipal o vindeiro 1 de xullo, despois da realización de obras de mellora nas instalacións consistentes na impermeabilización do vaso, a renovación integral do azulexo e arranxo e pintado de rúas. As obras foron financiadas con cargo ao plan extra de instalacións deportivas da Deputación de Pontevedra por importe de 60.928,05 €. A piscina abrirá en horario continuado de 12:00 a 20:00 horas, ofrecendo así un espazo de lecer e benestar para a veciñanza durante a tempada estival.
Programa
Recupera como cada verán o seu programa de actividades deportivas. O obxectivo é fomentar o exercicio físico e a vida activa entre a veciñanza, promovendo hábitos saudables e o uso das instalacións municipais. As actividades están organizadas polo Concello e financiadas pola Deputación de Pontevedra, dentro da súa aposta polo apoio ao deporte e á mellora da calidade de vida no ámbito rural.
Actividades previstas
Xullo
- Ximnasia acuática para persoas adultas
Días: luns, mércores e venres
Horario: de 12:15 a 13:15 h
Período: do 1 ao 31 de xullo
Prazas: máximo 15 persoas
Agosto
- Natación para crianzas
- Iniciación (nados entre 2011 e 2020): martes e xoves
Grupos de 7 persoas
Horarios: 12:15–12:45 h | 12:45–13:15 h | 13:15–13:45 h
- Perfeccionamento: luns, mércores e venres
Grupos de 12 persoas
Horarios: 12:45–13:15 h | 13:15–13:45 h | 13:45–14:15 h
- Iniciación (nados entre 2011 e 2020): martes e xoves
- Natación para persoas adultas
- Iniciación e perfeccionamento
Días: luns, mércores e venres
Horario: 12:15–12:45 h
Prazas: máximo 8 persoas por grupo
- Iniciación e perfeccionamento
Tamén en vigoalminuto
- Mantense as bonificacións no transporte de Ría entre Vigo e O Morrazo
- Denuncian que el Área Sanitaria de Vigo no cubre las ausencias de las Enfermeras en verano
- Un hombre muere al caer por un desnivel en Nigrán
- Cerrada al baño la Praia de Arealonga, en Chapela, por contaminación
- Servicio especial nocturno de autobuses para desplazarse a las Fiestas de Bouzas
- Investigan la identidad del cadáver encontrado, en avanzado estado de descomposición, bajo el HALO
Prazos de inscrición
- Ximnasia acuática: do 24 ao 30 de xuño
- Clases de natación (adultos e crianzas): do 24 de xuño ao 21 de xullo
As inscricións realizaranse nas oficinas do Concello (de 9:00 a 14:00 h) ou a través da sede electrónica da páxina web do Concello de Covelo. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición, unha vez entregada toda a documentación requirida.
Prezos
- Persoas empadroadas: 5 €
- Persoas non empadroadas: 25 €
O pagamento realizarase por transferencia bancaria á conta do Concello de Covelo (ES75 20805420543110100012) entre o 24 e o 30 de xullo, indicando o nome da persoa participante e o concepto “Clases Natación”.
Comezo das actividades
- Ximnasia acuática: mércores 2 de xullo (ata o 30 de xullo)
- Clases de natación: xoves 1 de agosto (ata o 29 de agosto)
O custo total da programación ascende a 3.103,10 € (IVE incluído) e será contratada externamente na súa totalidade. A programación contará con monitores/as especializados/as e material técnico axeitado para o correcto desenvolvemento das actividades.