A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno destinar 1,3 millóns de euros para que Cambados, Gondomar, Meaño, O Grove, O Porriño, Tomiño e Vilagarcía de Arousa impulsen novos investimentos e afronten gasto corrente a través das dúas primeiras liña do Plan +Provincia 2025.
O presidente provincial, Luis López, asegurou que o goberno provincial segue “avanzando no reparto de fondos do +Provincia, o plan de obras e servizos de competencia municipal«. Ate hoxe, +Provincia xa leva distribuídos algo máis de 24 millóns de euros neste 2025 entre os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.
Tomiño
Desta maneira, O Grove e Tomiño recibirán 480.000€ para completar o financiamento dos proxectos
que xa contan con achegas do Plan Extra e que, en total, mobilizan preto de 2 millóns de euros. En
concreto, O Grove recibirá 179.374 € para a fase dous da humanización da contorna do Sineiro, que conta
con 538.121 € do Plan Extra, e Tomiño 299.381€ para a implantación do novo modelo de residuos, que completan os 898.143 € do Plan Extra.
Gondomar
Ademais, tamén ao abeiro da liña 1 de investimentos Cambados recibirá 106.766 € para a expropiación dos terreos para a conexión da rúa Pacheca coa rúa do Castro; Gondomar contará con 91.718 € para mercar unha miniescavadora; Meaño con 400.690 € para o ensanche e mellora da pavimentación de diferentes camiños.
Tamén en vigoalminuto
- Desde octubre, dormir en la ciudad le costará a cada turista 1,09€, de mediaLa tasa se aplicará desde el día 1, aunque los cruceristas quedarán exentos hasta junio de 2027
- Eiras abastecerá a Baiona desde este lunes, ante sus problemas de suministroLa operación se produce mientras Augas de Galicia cuestiona las pérdidas de la red de abastecimiento de Vigo y señala inversiones que el Concello no habría aprovechado
- Buscan a una perra que escapó en NaviaLleva desaparecida desde el viernes
- Los sueldos suben en Vigo, pero la vivienda corre mucho más: cada vez cuesta más vivir de una nóminaEn cinco años, el precio de la vivienda ha aumentado un 30% frente a un 17% de los salarios
- Vigo se rinde al balonmano: el Barça conquista su quinta Supercopa Ibérica y el Rocasa reina en el IFEVIEl IFEVI acogió durante dos días las Supercopas Ibérica y de España Femenina
- A Guarda alerta de atascos provocados por las toallitas y otros residuos que llegan al saneamientoEl Concello advierte de que estos vertidos ya han provocado daños en una bomba y pide que al inodoro se tire sólo el papel higiénico
O Porriño
O Porriño con 125.508€ para a pavimentación en camiños no Coto do Muiño, A Relva, Contrasto 1-2 e O Regueiro; e Tomiño con 145.174 € para a execución de vestiarios no Campo de Fútbol Municipal do Alivio, que conta tamén con 162.075 € do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.
Así mesmo, Vilagarcía tamén recibirá 123.066 € da liña 2 para afrontar o gasto corrente derivado da programación cultural, deportiva e social do concello.






