Comarcas

O programa +Convivencia incrementa a o seu orzamento de 1.000 a 1.200€ por entidade

As de Vigo representan unha de cada cinco participantes

O programa +Convivencia incrementa a o seu orzamento de 1.000 a 1.200€ por entidade

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, xunto coa deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, presentou este luns na sede de Vigo as novidades da actual edición do programa +Convivencia, nun encontro no que participaron as entidades sociais da cidade que se beneficiaron da anterior convocatoria.

Sánchez salientou o “grande éxito” desta iniciativa particularmente na cidade olívica, de xeito que “unha de cada cinco entidades que participaron o ano pasado, 41 de 202, eran de Vigo e, ademais, moitas entidades do resto da provincia escolleron a cidade como destino das súas saídas.

Patrimonio natural, artístico e cultural

Luisa Sánchez lembrou que o obxectivo de +Convivencia é a organización de actividades para “coñecer o
patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural da nosa provincia, permitindo que eses recursos
patrimoniais da provincia sexan, ademais, un lugar onde estreitar lazos creando experiencias comúns e
recordos que gardar
”.

Como principal novidade respecto á anterior convocatoria, salientou o incremento do orzamento dos 220.000 a 275.000€ deste ano, que permitirá que “as axudas pasen dun máximo de 1.000€ por entidade a 1.200€, para dar un salto de calidade ás actividades que escollades entre o noso amplo catálogo”.

Ademais, a vicepresidenta provincial puxo en valor que o programa mantén “o compromiso co comercio local”, ao permitir “a autoxestión e que cada asociación poida apostar por empresas de viaxes da súa contorna”. E defendeu a necesidade de fomentar o comercio de proximidade para que a riqueza se xere e quede aquí. Desde as institucións públicas debemos dar exemplo e ser as primeiras en facelo”.


Tamén en vigoalminuto


Todo o ano

Pola súa banda, a deputada Sandra Bastos destacou que +Convivencia permite ofrecer “alternativas de
lecer ao longo de todo o ano para desestacionalizar o destino, que tamén depende moito do turismo
interior”
. Neste eido lembrou que o programa oferta actividades a elixir a través dun catálogo formado por actividades socioculturais relacionadas coa arqueoloxía, a arquitectura civil, relixiosa, popular, náutica e etnográfica, os museos, centros de interpretación ou salas de exposicións, o Camiño de Santiago na provincia, as festas, os espazos naturais e rutas culturais, de BTT, costeiras, fluviais, temáticas, panorámicas, de sendeiros e tamén en adegas que formen parte da Ruta do Viño Rías Baixas.

Entre o resto de novidades de +Convivencia tamén se atopa o límite de 600€ en concepto de restauración ou cátering, así como a adaptación do número de participantes mínimo, pasando de 50 a 30 con carácter xeral, e de 34 a 20 en casos nos que sexa necesario desprazamento en autocar e ademais
participen persoas con mobilidade reducida que precisen cadeira de rodas ou axudas técnicas.

Prazo de solicitudes

Con isto a Deputación busca aumentar os índices de satisfacción das entidades beneficiarias, que poden ser entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais e culturais, así como ANPA da provincia. O prazo de solicitudes abriu o pasado 3 de marzo e está operativo ata o 1 de decembro, pero finalizará cando se esgote o crédito dispoñible. Pola súa banda, as actividades poden realizarse ao longo de todo o presente ano.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.