A alcaldesa Digna Rivas, en resposta a unha declaracións do portavoz municipal do Partido Popular, apuntando que a Deputación tivo que rescatar ao Concello redondelán, desmentiu esta circunstancia, apuntou que as cantidades que o ente provincial destina a Redondela son as que adica a outras entidades locais e salientou que “a Deputación non rescata concellos”.
Nesta liña, engadoiu que “de feito, o único ao que ten rescatado a Deputación en Redondela é ao señor
Javier Bas–portavoz popular– cun salario de 62.842 euros”, como director da área de coordinación intermunicipal provincial, “un cargo de confianza”.
Tamén en vigoalminuto
- Detenidos tras atracar a un repartidor de pizza, en Porriño
- Arrestado tras agredir a su pareja dándole un rodillazo en la cara
- Vigo era una de las sedes elegidas para el Mundial 2030
- “No nos callarán”: Greenpeace despliega una enorme pancarta frente a la embajada de Estados Unidos
- El Cupón Fin de Semana de la ONCE deja 40.000€ en Vigo
- Vitrasa refuerza el servicio de buses, de día y de noche, durante la Reconquista
75.000 euros anuais
Na súa resposta os populares, da man do concelleiro Iván Crespo, apuntan que “Digna Rivas é a auténtica rescatada, xa que cobra 75.000 euros anuais polos seus postos políticos: 48.000€ brutos do Concello –exactamente 47.142€– de Redondela, por facelo fatal e 27.000€ da Deputación por non facer nada”.
Sen ocupación fora da política
Crespo cualificou de “surrealista” que a alcaldesa “ao verse xa completamente superada e desbordada pola situación de desgoberno á que está levando a Redondela”, faga estas acusacións sobre Javier Bas “porque todos os redondeláns saben que, a diferenza dela, ten un traballo estable máis alá da política, do que está en excedencia na actualidade e no que, ademais, percibiría unha remuneración bastante máis alta que na súa actual responsabilidade política” da que se embolsa actualmente.
Na mesma liña, Iván Crespo ironiza engadindo que “a verdade é que é algo de moito mérito que [Digna Rivas] teña os ingresos dun conselleiro ou un ministro co nivelazo de xestión que está a demostrar en Redondela”.
“Entendemos que a alcaldesa está doída porque a verdade sae á luz, xa que os veciños sofren día a día a desfeita á que está sometendo a Redondela e o noso concello só se salva mínimamente grazas aos constantes rescates da Deputación. Pero, en todo caso, cremos que debería estar feliz, non enfadada, porque BNG e AER permítenlle ter un soldo que nin soñaría”, apostilla Crespo.
Alcaldesa por pagar 32.000€ a un concelleiro de AER e 16.000€ a personal para o BNG
A xuízo do concelleiro popular, Rivas “é moi valente sacando á luz o soldo de Javier Bas, pero moi covarde por agochar o seu, porque todo o mundo sabe en Redondela que a capacitación dun e doutra está a anos luz”.
Finalmente Iván Crespo salienta que Digna Rivas adquiriu a condición de alcaldesa “tras pagar 32.000 € anuais ao concelleiro de AER e unha adicación de 16.000 € para un persoal eventual para o BNG”.
Tamén en vigoalminuto
- Detenidos tras atracar a un repartidor de pizza, en Porriño
- Arrestado tras agredir a su pareja dándole un rodillazo en la cara
- Vigo era una de las sedes elegidas para el Mundial 2030
- “No nos callarán”: Greenpeace despliega una enorme pancarta frente a la embajada de Estados Unidos
- El Cupón Fin de Semana de la ONCE deja 40.000€ en Vigo
- Vitrasa refuerza el servicio de buses, de día y de noche, durante la Reconquista
Soldos de alcaldes e alcaldesas
Segundo o informe ISPA 2024, sobre retribucións de cargos electos, estos son os alcaldes e alcaldesas mellor pagados de Galicia:
- 1.- Abel Caballero, alcalde de Vigo: 75.943,42 euros
- 2.- Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense: 75.215,42€
- 3.- Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra: 74.491,60€ -en xuño de 2024, lgo de cumprir 70 anos e logo de xubilarse como médico do SERGAS, renunciou a súa dedicación exclusiva, por ser pensionista.
- 4.- Inés Rey, alcaldesa da Coruña: 74.372€
- 5.- Alcalde de Lugo: ten un soldo aprobado de 73.911€
- 6.- Ángel García Seoane, alclade de Oleiros: 63.379€
- 7.- Carlos Calvelo, alcalde de Arteixo: 62.079€
- 8.- María Ramallo, alcaldesa de Marín: 60.622€
- 9- Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago: 34.674,72€ (neste caso hai que explicar que en 2023 Santiago tivo como alcalde, ata xuño, a Xosé Sánchez Bugallo, que cobrou 25.676€, polo cal, sumado co soldo de Sanmartín suma 60.360€)
- 10.- María Barral, alcaldesa de Betanzos: 54.179€
Polo que ten que ver coa outra gran cidade galega, Ferrol, o ser alcalde, José Manuel Rey, percibiu 13.958€ (o mesmo que no caso de Santiago, Ferrol tivo dous alcaldes no ano 2023, no caso do anterior, Ángel Mato o seu soldo, ata xuño daquel ano foi de 18.916€, polo cal sumados os dous dan 32.875€. Agora mesmo, José Manuel Rey non ten soldo do Concello, dado que cobra do Senado, logo da súa designación polo Parlamento de Galicia).
Soldos dos conselleiros/as e ministros/as
En relación coa afirmación do concelleiro do PP de Redondela equiparando as retribucións da alcaldesa coas dun conselleiro/a ou un ministro/a, hai que sinalar que un conselleiro/a da Xunta de Galicia percibe 74.468,64€ e un ministro/a cobra 79.415,16€ (en todos os casos son retribucións brutas anuais)