Comarcas

Advirten do aumento do desgoberno en Redondela, logo de que Digna Rivas perdese o apoio do BNG

A oposición pide á alcaldesa que se someta a unha moción de confianza

Advirten do aumento do desgoberno en Redondela, logo de que Digna Rivas perdese o apoio do BNG

O Grupo municipal do PP de Redondela vén de advertir de que a ruptura do BNG e o cese do seu apoio ao goberno de Digna Rivas vai producir un aumento do seu “forte desgoberno e da súa probada
ineficacia”
que provocará moitas complicacións e prexuízos para os veciños nos dous anos e medio que restan de mandato ata 2027.

«Debilidade extrema»

Os populares consideran que a falta de respaldo por parte do Bloque ao bipartito PSOE-AER coloca ao Concello “nunha situación de debilidade extrema”, porque lembra que xa era moi complicado que saísen adiante proxectos estratéxicos e unha atención axeitada aos redondeláns coa unidade das forzas de esquerda, “polo que agora a situación vai empeorar irremediablemente”.

Deste xeito, Digna Rias so conta co apoio de 8 dos 21 concelleiras e concelleiros da Corporación: os 7 representantes do PSOE e do único edil de AER –organización que no mes de agosto pasado informara aos medios que para a alcaldesa non é unha prioridade cumprir os acordos de Goberno-.

Cuestión de confianza

Por elo, o PP redondelán considera que a alcaldesa debería someterse, «por decencia e ética democrática», a unha cuestión de confianza, xa que perdeu o apoio da corporación e da representatividade dos veciños. Agás que se queira aferrar ao cargo aínda que non lle importe facer nada de proveito para o pobo, que é o que nos tememos, tiña que ser valente e poñer as cartas sobre a mesa no pleno».

Así, os populares- gañadores das catro últimas Eleccións Municipais e que teñen o grupo máis numeroso da Corporación, con 10 concelleiros e concelleiras- lembrar que «estas cousas son as que pasan, tristemente para a xente, cando chega ao goberno quen perdeu as eleccións e pasa toda o mandato cunha posición de absoluta febleza”.


Tamén en vigoalminuto


Non houbo xiro á dereita do Bloque…

Dende o Partido Popular replican a Digna Rivas que o Bloque “non fixo un xiro á dereita, que esa é unha frase feita que non ten nin pés nin cabeza, o que fixo foi un xiro cara o sentido común vendo a desfeita destes 18 meses e que lle dá continuidade á nada máis absoluta do mandato anterior”.

….que é «cómplice» desta situación

En todo caso, para o PP redondelán a intención dos nacionalistas “non pasa por cambiar as cousas en Redondela para o ben dos veciños, porque esta situación era algo que xa se sabía ao inicio de mandato e non lles doeron prendas en levantar as mans para investir a Digna Rivas, así que son corresponsables e
cómplices desta situación
e agora, para evitar que lles salpique, fan este paripé polo seu exclusivo interese electoral”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.