Destacados Vigo al minuto

O conselleiro de Sanidade asegura que antes de o verán entrará en servizo a ampliación do Hospital de Día en Vigo

Permitirá aumentar un 30% os tratamentos diario a pacientes con cancro

O conselleiro de Sanidade avanzou hoxe que antes do verán entrará en servizo a ampliación do hospital de día do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, que permitirá aumentar ata un 30 % os tratamentos diarios a pacientes de cancro.

Antonio Gómez Caamaño participou este mediodía na inauguración da nova sede da Asociación Española contra o Cancro, situada na rúa Venezuela con Simón Bolívar, e detallou que esta actuación de ampliación do hospital de día suporá un investimento de 900.000 euros e «ofrecerá resposta a un cambio de paradigma na atención aos pacientes de cancro, evitando moitos ingresos«.

Aliado estratéxico

O conselleiro referiuse á Asociación Española contra o Cancro como un aliado de enorme valor para os profesionais da oncoloxía e para os xestores da sanidade pública, facilitando que o Executivo galego poida chegar máis lonxe na atención aos doentes e na procura de respostas máis ambiciosas aos problemas complexos.

Lembrou que a Asociación Española contra o Cancro de Vigo leva anos traballando para situarse á vangarda en todos os ámbitos, tanto desde o acompañamento aos pacientes e ás súas familias, como no impulso da investigación.

Explicou que da comunicación establecida entre esta asociación e o departamento sanitario galego xurdiron importantes iniciativas, entre as que o conselleiro citou as vías rápidas para a atención de procesos oncolóxicos, mediante as que xa pasaron consulta máis de 6.500 persoas, chegando a realizarse 3.263 probas.

Xunto ao anterior, Gómez Caamaño destacou outras iniciativas froito dese diálogo, como é a humanización das áreas de oncoloxía e os cambios organizativos para minimizar as molestias aos pacientes e as novas prácticas na súa atención que está a poñer en marcha o Servizo Galego de Saúde.


Tamén en vigoalminuto


Momento ‘prometedor’ para os pacientes

Na súa intervención, Gómez Caamaño puxo en valor o papel da Asociación Española contra o Cancro como principal impulsora da investigación oncolóxica. Incidiu en que se está a vivir un momento decisivo para a oncoloxía que resulta prometedor para os pacientes e para a medicina.

A este respecto, o conselleiro salientouque o seu departamento ten un programa de cribados moi amplo que está a acreditar unha grande eficacia na prevención e control da enfermidade. Así, o balance do programa de cribado de cancro de colon reflicte a detección de 2.600 casos en dez anos, dos que o 65 % deles estaban en fases iniciais.

Ademais, grazas á oncoloxía de precisión, estanse a multiplicar as capacidades de diagnosticar con exactitude os tipos de tumores e tratalos axeitadamente.

Centro de Protonterapia

Outras medidas destacadas polo conselleiro neste ámbito son a recente constitución do Comité Molecular de Tumores de Galicia, o Centro de Fabricación de Terapias Avanzada ou o Centro de Protonterapia de Galicia, que será o primeiro da sanidade pública española e poderá tratar xa pacientes en 2026.

Gómez Caamaño rematou a súa intervención sinalando que coidar da saúde da poboación é un obxectivo moi estimulante e moi exixente, especialmente na área sanitaria de Vigo, onde o volume da poboación require de maiores esforzos e dunha maior mobilización de recursos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.