A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ana Ortiz, avanzou este venres que o comité executivo do organismo autónomo aprobou a compra dun novo inmoble no Berbés por un importe de 315.000 euros para a súa rehabilitación. Esta reforma permitirá construír novas vivendas no barrio histórico, onde o CCVV xa adquiriu outros 12 edificios.
Ortiz sinalou que o Consorcio, participado nun 90% pola Xunta de Galicia e un 10% polo Concello, autorizou a compra do edificio situado no número 9 da Ribeira do Berbés, entre o Edifico Redeiras da Universidade de Vigo e o Albergue Público de Peregrinos. Trátase dun inmoble de catro andares cunha superficie de 61 metros cadrados por planta.
“Pechamos con esta adquisición un ano histórico no que cumprimos o compromiso de dar vida ao barrio para lograr unha rehabilitación integral do Casco Vello no menor tempo posible”, sinalou a responsable do Consorcio e delegada da Xunta en Vigo.
Dous edificios
Así, Ortiz lembrou que para a recuperación do Berbés xa levouse a cabo nos últimos meses a compra de dous edificios situados nos número 25 e 27. “É unha das mellores noticias que podiamos dar aos vigueses: construción de vivenda de protección e rehabilitación do Casco Vello«.
Tamén en vigoalminuto
- Temperaturas extremas en Galicia: 158 concellos en alerta vermella e suspensión do deporte ao aire libre

- Una columna de humo alarma a los conductores en la AP-9: un coche acaba calcinado en Mos

- El alcalde pide una prórroga para no perder los fondos destinados a Finca Matías y la Diputación garantiza que la tendrá

- Habrá una pantalla gigante en Castrelos para ver el España–Portugal del Mundial

- El TSXG avala al Concello y permite construir varios chalés junto al mar en Cabo Estai

- O BNG propón mobilizar 227 vivendas baleiras da SAREB, ante un alugueiro que rolda os 900 euros

“Un dos mellores exemplos”
A delegada tamén fixo fincapé en que o Consorcio Casco Vello de Vigo é “un dos mellores exemplos do traballo continuado que realizamos en favor da cidadanía viguesa cando non se lle poñen trabas”. Indicou igualmente que o labor xa é visible en “rúas enteiras como as do Casco Vello Alto que locen agora como nunca, con decenas de emprendedores e negocios que decidiron que o seu futuro está no barrio histórico”.
Respecto dos plans de futuro do CCVV destacou que en 2025 avanzarán as obras de rehabilitación dos edificios da rúa Elduayen 39-Ferrería 16 (cinco vivendas de protección autonómica e un local comercial), da rúa Hortas 2-4-San Sebastián 20 (dúas vivendas) e do inmoble da Ribeira do Berbés 39-San Francisco 2 (dúas vivendas).
