O Consorcio do Casco Vello vén de adquirir un novo edificio no Berbés para proceder a súa rehabilitación como parte do obxectivo de «acadar a reforma integral» de todo o barrio histórico da cidade, apuntou a presidenta deste organismo, Ana Ortiz.
Este inmoble é o situado no número 25 da Ribeira do Berbés, ten unha superficie total de 100 m2 e no mesmo está prevista a construción de novas vivendas. O Consorcio do Casco Vello -organismo participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- xa comprara outros 11 edificios na zona creando, ata hoxe, 6 vivendas xa habitadas logo da súa adxudicación.
Tamén o número 27 e o 39
Para a recuperación do Berbés xa levouse a cabo o pasado mes de agosto a compra do edificio situado no número 27 e tamén en outubro comezou a reforma do número 39 da Ribeira do Berbés, con saída ao número 2 da rúa San Francisco, por un importe de algo menos de 500.000€. Ás seis vivendas xa construídas, situadas nos números 29, 31 e 41, sumaranse tamén as dúas do número 39.
Tamén en vigoalminuto
- Leiva conquista Vigo con un doble lleno y la sorpresa de Iván Ferreiro

- Exigen un realojo urgente para las personas de la antigua estación de autobuses ante un ‘desalojo inminente’

- Temperaturas extremas en Galicia: 158 concellos en alerta vermella e suspensión do deporte ao aire libre

- Una columna de humo alarma a los conductores en la AP-9: un coche acaba calcinado en Mos

- El alcalde pide una prórroga para no perder los fondos destinados a Finca Matías y la Diputación garantiza que la tendrá

- Habrá una pantalla gigante en Castrelos para ver el España–Portugal del Mundial

Universidade e Albergue
Outros catro edificios foron cedidos polo Consorcio para a creación da sede urbana da Universidade de Vigo (na agrupación dos números 11, 13 e 15) e do Albergue de Peregrinos, no número 5. O consorcio adquiriu tamén o edificio situado no número 7, pendente aínda de rehabilitación.
O Consorcio Casco Vello, cuxo principal obxectivo é a rehabilitación do barrio histórico de Vigo, conta cunha partida total de 1.780.065 euros tras o desbloqueo do PAIF do exercicio 2024. Desta cantidade máis do 87% teñen a consideración de investimento directo xa que se destinan á execución das obras de rehabilitación das vivendas propiedade do CCVV, correspondendo o resto a gastos operativos.
