Cultura

‘Os espazos en branco’, o debut cinematográfico do vigués Bruno Arias, en cines o 6 de novembro

Reflexiona sobre como as persoas que nos inspiran contribúen á construción d noso xeito de ser

A poucos días de cumprirse un ano dende que a súa estrea na 37 edición do Festival Cineuropa esgotase as entradas no Salón Teatro de Santiago de Compostela, o debut como director de Bruno Arias (Vigo, 1998) chega a salas de cine de todas as provincias galegas. 

O próximo mércores 6 de novembro ás 19:55h é a data sinalada para que a película chegue á súa primeira proxección en cines. A anfritrioa do evento será a sala compostelá NUMAX, que acollerá un coloquio con parte do equipo: ademais do director, asistirá tamén a coguionista Lucía Ramiro, recente representante de España no Programa de Talento Novo dos Premios LUX que tivo lugar no Parlamento Europeo o pasado mes de setembro.

Posteriormente e durante todo o mes de novembro, o filme viaxará polos concellos galegos de Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Ferrol, Cee, Ames e Pontevedra. As máis das proxeccións contarán coa presenza do director e doutras figuras: o produtor Álvaro Liste, a directora de arte Antía Carreira ou a poeta Arancha Nogueira son algúns dos nomes que acompañarán ao autor en coloquios e conversas. A información detallada sobre o calendario de proxeccións está dispoñible nas redes sociais do proxecto.


Ademais en vigoalminuto


Xela Arias

A película, producida por Serea Films, reflexiona empregando como vehículo a figura de Xela Arias, tía do director, que faleceu cando este tiña só cinco anos, sobre como as persoas que nos inspiran e que admiramos contribúen á construción do noso xeito de ser. Da mesma forma, explora como o feito de reconstruír nós mesmas esas figuras é un proceso que nos achega a elas afastándoas da súa condición de figura pública e achegándonos á súa faceta máis persoal. No filme, testemuños de familiares e amigas comparten espazo cun traballo interpretativo das actrices Lidia Veiga, Sheyla Fariña e Melania Cruz que acompaña ás espectadoras por un relato sobre a ausencia e a memoria.

Ademais de ser a primeira longametraxe do seu director, tamén supón a estrea dunha equipa que, no momento da rodaxe, estaba recentemente graduada, case na súa maioría, en Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela e que, malia a súa curta traxectoria, demostrou unha grande profesionalidade que lle valeu á película o Premio Mestre Mateo ao Mellor Documental na XXII edición dos galardóns o pasado 23 de marzo. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.