Destacados Vigo al minuto

O rescate da AP-9 tería un custo de 904 millóns e as peaxes na sombra, que o Estado paga á concesionaria, superarían os 2.800

“Chegou o momento de que Galiza tome o control da Autoestrada»

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou hoxe en Vigo o rescate inmediato da AP-9 porque non só é viable dende o punto de vista xurídico e un acto de xustiza cos galegos e as galegas, senón tamén porque “neste momento é o máis rendible para as arcas públicas”.

Así, a líder da oposición subliñou que “rescatar a AP-9 non só e viable, senón que é a mellor opción desde o punto de vista económico porque suporía un aforro millonario só en peaxes na sombra”.

2.844 millóns en ‘peaxes na sombra’

Pontón referiuse así aos 2.844 millóns de euros que o Estado, “cos cartos que saen dos nosos impostos”, vai ter que pagar á concesionaria da autopista só en peaxes na sombra até o 2048, cando finalice a concesión. Unha cifra que recolle o propio Consello de Estado e que é moito máis elevada que os 904,7 millóns de euros que custaría rescatar a AP-9, segundo se desprende do informe elaborado pola Universidade de Coruña, presentado hoxe a axentes sociais e económicos.

“Neste momento, ter unha AP-9 galega e libre de peaxes e só unha cuestión de vontade política”, afirmou Pontón, que subliñou que os 904,7 millóns de euros están calculados polo valor de mercado da autopista, o que estivo disposto a pagar hai tan só seis meses un “fondo voitre” actualizado co IPC. Non son, polo tanto, os 4.000 millóns de euros que dicía o Goberno do PP de Rajoy nin os 6.000 que está dicindo o Executivo de Pedro Sánchez nin tampouco os 2.355 millóns que calcula o informe encargado polo Goberno da Xunta a unha xestoría que, casualmente, ten como cliente a Audasa, engadiu.


Tamén en vigoalminuto


Por qué darlle a Audasa 1.450 máis do que corresponde?

É por iso que Ana Pontón emprazou a Alfonso Rueda a que explique aos galegos e ás galegas por que “quere darlle a Audasa 1.450 milllóns de euros máis do que corresponde«. “Unha vez máis vemos o PP poñendo por diante de Galiza os intereses dunha multinacional”, agregou, advertindo ademais que “ningún galego nin galega entendería o que público pague máis que un fondo voitre”.

Máis unha vez, a líder do BNG urxiu que se poña fin á “estafa” da AP-9 e á “discriminación” que a diario sofren os usuarios e usuarias da autopista. Reclamou así ao Goberno do Estado que desista do recurso que xa ten presentado ante a Comisión Europea e acate a súa primeira resolución, na que este organismo da UE considerou ilegais as prórrogas da autoestrada galega.

Se non hai rescarte pagaremos peaxe ata o ano 2048

Unha ilegalidade que corrobora tamén o estudo feito para o BNG polos académicos Carlos Aymerich e José Antonio Blanco tanto no que ten que ver coa prórroga de 10 anos aprobada en 1994 polo Goberno do Partido Socialista como a de 25 anos asinada polo Executivo do PP, pola que “teremos que pagar peaxes até o 2048 se non hai rescate”, salientou.

Pontón explicou, seguindo o estudo da UDC, que coa ampliación do tempo da concesión á autoestrada de 39 a 75 anos “é evidente que houbo unha alteración substancial do contrato inicial”, polo que debería terse licitado un novo para que calquera outra empresa puidese concorrer ao mesmo. Vulnerouse a legalidade de contratos non só en canto á normativa comunitaria senón tamén á propia normativa do Estado español, vulnerando os principios de igualdade e transparencia na contratación pública”, apuntou.

De ‘estafa legalizada a estafa ilegal

De aí a súa insistencia en que a adxudicación directa da prórroga da AP-9 “é ilegal e pode e debe ser anulada”.Até agora sabiamos que as peaxes da autopista eran unha estafa legalizada, pero agora sabemos que ademais é unha estafa ilegal”, diante da que “só hai unha opción, que é anular o contrato”, precisou.

Afondando na mesma cuestión, recalcou que “se a ampliación é ilegal, a concesionaria non ten dereito ao cobro do lucro cesante”, unha cuestión que os expertos da UDC tiveron tamén en conta para calcular o valor do rescate.

Todas razóns polas que o Goberno do Estado, considerou Pontón, ten que aproveitar a porta” que abriu a Comisión Europea, afrontando dunha vez o rescate da autoestrada “para non traballar en contra dos intereses do País”.

“Chegou o momento de que Galiza tome o control da AP-9 e de acabar coa discriminación que supón que os galegos e as galegas paguemos as peaxes máis altas e durante máis tempo que o resto de cidadáns do Estado español”, concluíu a líder nacionalista.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.