O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, presidiu os actos oficiais do Día do Pilar, patroa da Garda Civil, que se celebraron este sábado.
No seu discurso, o subdelegado subliñou que “vivimos nunha das provincias máis seguras dun dos países máis seguros do mundo”. E, botando man das estatísticas, engadiu “que son cifras frías e túzaras” e indicou que a taxa de criminalidade provincial é de 30 delitos por cada mil habitantes, moi por baixo dos 39 por mil da media española. “Debemos estar moi orgullosos disto e, en xustiza, agradecerllo á Garda Civil e á Policía Nacional”, dixo.
Máis novas en vigoalminuto
- ¡Oro para el béisbol vigués! Cristhian Molina y Jesús Colina, campeones de España sub-15 en Córdoba

- La nueva normativa de tráfico entró en vigor este 1 de octubre, con cambios para bicicletas, patinetes y motos

- Pedro Sánchez reivindica en Vigo el papel de la industria aeroespacial

- Mondariz-Balneario reúne este fin de semana a representantes de toda España para evaluar Vacaciones en Paz

- O BNG denuncia ante Patrimonio a oficina comercial do Barrio do Cura nun espazo protexido

- Vigo mezcla música y marisco este viernes: cinco grupos y tres food trucks en la Porta do Sol

“Vaia onde vaia, pídenme máis Garda Civil e máis Policía Nacional”
Abel Losada asgurou que “vaia onde vaia, pídenme máis Garda Civil e máis Policía Nacional”. Así, lembrou que as convocatorias de oposicións destes últimos anos teñen as maiores ofertas da historia, contando a provincia de Pontevedra cun dos catálogos máis cubertos de toda España. Con todo, chamou a poñer na axenda política a ampliación dos catálogos “porque hoxe os tempos en España son distintos e xa ninguén cun mínimo de sentido común se formula a eficiencia do país en termos de recortes nos servizos públicos”.
Tradición e modernización
Losada puxo “a moderna sede da Comandancia” como exemplo “da transformación da Garda Civil e a súa adaptación constante aos tempos que toca vivir”. Nesta liña incidiu en que a Garda Civil do século XXI mantén a tradición, pero “adaptouse a velocidade ultrarrápida á irrupción do fenómeno global da ciberdelincuencia, é un baluarte na loita contra a violencia de xénero e ata é punteira na formación dos nenos e nenas para a prevención do delito”.
