Diante da aparición dunha «campaña ultraespañolista» reivindicando a conquista de América en soportes publicitarios públicos na cidade de Vigo, o Bloque Nacionalista Galego vén de dirixirse ao Goberno municipal esixindo que actúe para a súa retirada.
No concreto, apuintan dende o BNG, trátase de cartelaría co lema “1492, ni genocidas, ni esclavistas. Fueron heroes y santos” promovida pola Asociación Católica de Propagandistas (ACdP) para “celebrar” o denominado Día da Hispanidade, instalada en marquesiñas de paradas de bus, en rúas como a avenida García Barbón.
Outras novas en vigoalminuto
- A Guarda alerta de atascos provocados por las toallitas y otros residuos que llegan al saneamiento

- Dos detenidos el mismo día: uno forzó un bar y otro huyó con tarjetas robadas

- El tráfico mejora en la Avenida de Madrid, después de eliminar la rotonda

- Robaban gasoil directamente de los camiones estacionados en Mos: cuatro detenidos y 225 litros recuperados

- El campo de fútbol de Sampaio acumula vallados oxidados, vestuarios con humedades y problemas de drenaje

- Os encoros de Galicia-Costa encaran setembro con só o 58,6% da súa capacidade, catro puntos por baixo da media

«Promoción do odio e alento a un discurso antihistórico que nega o xenocidio»
Para o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, esta campaña “promove abertamente o odio e alenta un discurso antihistórico que nega o xenocidio, a dominación e a escravitude que provocou a conquista colonial de América promovida desde o século XV”.
“Presentar como heroes e santos os responsábeis dun réxime de dominación violenta ao servizo da monarquía española que provocou, segundo diversas estimacións históricas, a morte de 9 de cada 10 indíxenas e millóns de persoas escravizadas atenta contra a defensa dos máis elementais dereitos humanos”, explicou.
Igrexas urxiu o Goberno municipal de Abel Caballero a actuar para impedir que en soportes publicitarios que fan parte do mobiliario público municipal se faga “apoloxía do xenocidio”. No concreto, demanda que se dean instrucións inmediatas para a retirada desta campaña promovida pola ACdP.
