Galicia

Comeza a folga na TVG

Se non houbese acordos, dende o vindeiro día 16 pasaría a ser indefinida

Comeza a folga na TVG

Este luns, logo de que os traballadores da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) aprobasen a proposta do Comité de Empresa para esixir que remate a externalización da programación e a recuperación do diálogo co persomal, comeza a folga dos profesionais da RTVG

Días e horas

A folga será os 7, 9, 11 e 14 deste mes e se nesta derradeira data non houbese un acordo, pasará a ser indefinida dende ovindeiro mércores, 16 outubro.

Os paros están previstos de 11:30 e as 13:00 h. cando se emite o O Termómetro – cun custo de 16.000€ diarios- que sucedeu ao programa de produción propia A Revista –que levaba máis de 20 anos de emisión–.

https://twitter.com/CrtvgCut/status/1843228708569780714

Lei de Servizos de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual

A folga convócase nun momento especialmente delicado para a radio e televisión públicas, logo de coñecerse o anteproxecto de Lei de Servizos dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual, presentado polo Goberno galego.

Os sindicatos, e unha grande parte dos profesionais, consideran que é un paso definitivo para “transformar por lei xa directamente a radiotelevisión galega no maior órgano de propaganda do Partido Popular da Galiza, unha burla á democracia que, de prosperar, tamén enfrontarán con contundencia os seus profesionais”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.