O Auditorio Mar de Vigo será o escenario de dous concertos únicos que marcarán a axenda musical en Galicia, reunindo a esencia dunha das bandas precursoras do power pop de Big Star e a creatividade retro de Scott Bradlee’s Postmodern Jukebox. O 24 de outubro, Big Star celebrarán o 50 aniversario do seu icónico disco «Radio City», unha oportunidade única para revivir este fito cunha banda formada por Jody Setephens (Big Star), Mike Mills (R.E.M.), Jon Auer (The Posies), Pat Sansone (Wilco) e Chris Stamey (The dB’s).
Ao día seguinte, Scott Bradlee’s Postmodern Jukebox chegará cun concerto exclusivo o 25 de outubro, enmarcado na súa xira mundial polo décimo aniversario, para deleitar ao público da cidade olívica co seu característico estilo de transformar éxitos modernos en pezas clásicas.
Más noticias en vigoalminuto
- Detenidos tres empresarios de Ponteareas, Vigo, y Mos el presunto desvío de 30 toneladas de cobre de Telefónica

- Samil suma otro derribo: el Concello prepara la demolición total de San Remo

- Hallado muerto junto al puente de Rande el vecino de Redondela desaparecido desde el lunes

- Alianza pola Vivienda cuestiona al alcalde por rechazar el mercado tensionado “¿por qué no quiere aplicar una medida positiva para los inquilinos?”

- Renfe refuerza los trenes a Galicia con más de 1.000 plazas adicionales durante el puente del 12 de octubre

- Trump desnudo y recubierto de oro: la provocadora estatua que planta al expresidente ante el Parlamento Europeo

Scott Bradlee’s Postmodern Jukebox
Conseguiu ao longo da súa carreira redefinir a maneira en que escoitamos os éxitos contemporáneos. A banda caracterízase por tomar cancións de artistas como Beyoncé, Lady Gaga ou Radiohead e darlles un xiro inesperado, interpretándoas en estilos clásicos como o jazz dos anos 20, o swing ou o Motown. Este enfoque único namorou xa a audiencias de todo o mundo, creando unha base de fans que non só gozan da música en directo, senón que tamén participan activamente no espectáculo, vestíndose ao estilo vintage e formando parte dunha experiencia inmersiva.
Este concerto será especialmente significativo, xa que se enmarca na xira de celebración do seu 10º aniversario e o seu show número 1.000, un logro pouco común na industria musical. Desde os seus inicios nun pequeno apartamento en Queens, New York, Scott Bradlee e o seu colectivo de artistas creceron ata converterse nun fenómeno global. Cada actuación está coidadosamente deseñada para transportar ao público a outra época, fusionando a nostalxia dos xéneros clásicos coa frescura dos éxitos actuais, creando un ambiente único e emocionante.
Única actuación en Galicia
O evento no Auditorio Mar de Vigo será a única oportunidade de ver este espectáculo en Galicia, o que converte esta data nunha cita ineludible. Cun elenco de músicos e artistas de primeiro nivel, o show promete ser unha celebración da música en todas as súas formas, onde o pasado e o presente atópanse nunha harmonía perfecta.
As entradas para o concerto de Scott Bradlee’s Postmodern Jukebox o vindeiro 25 de outubro no Auditorio Mar de Vigo pódense adquirir a través de www.teuticket.com.
Lembra
- O 24 de outubro, Big Star celebrarán o 50 aniversario do seu icónico disco «Radio City‘
- O día 25 Scott Bradlee’s Postmodern Jukebox chegará cun concerto exclusivo en Galicia
