Comarcas

A secretaria municipal aclara que os orzamentos de Mondariz non están aprobados

O alcalde en funcións acusa á aoposición de querer «enganar á cidadanía»

A secretaria municipal aclara que os orzamentos de Mondariz non están aprobados

O actual goberno en funcións de Mondariz vén de comunicar que a secretaria municipal remitiu a todos os grupos da oposición un informe aclarando que o orzamento do Concello non está aprobado.

Neste informe, a secretaria advirte de que a Alcaldía ten que configurar o orzamento, que ten que informar a Intervención e remitirse ao Pleno para a súa aprobación. Asé mesmo, lembra que “os orzamentos das entidades locais constitúen a expresión conxunta e sistemática das obrigas que, como máximo, poderecoñecer a entidade e os seus organismos autónomos e os dereitos que prevean liquidar durante o exercizo correspondente”.

O alcalde en funcións acusa á oposición de querer «enganar á cidadanía»

Indica tamén que a aprobación do orzamento ten que realizarse mediante un acordo único, unidade de acto que afecta obxectivamente a todo o proxecto, sen que permita observacións ou fórmulas de salvaguarda respecto dalgunha das súas previsións ou da documentación que o integra. O informe reitera que “en ningún caso a aprobación de enmendas polo Pleno podería implicar a aprobación inicial do orzamento xeral”.

Calis Montes, alcalde en funcións, lamenta esta perda de tempo e que “a estas alturas haia que aclarar cuestións de funcionamento que evidencia a falta de formación e coñecemento dos grupos da oposición ou ben a súa clara intención de enganar á cidadanía.

Necesario o informe de Intervención e que se aprobe a proposta da Alcaldía

O informe da secretaria é claro e concreta que “se falta o informe prévio do interventor e dictame da comisión correspondente, o acordo que adoptara a Corporación aprobando un expediente distinto do proposto pola alcaldía, quedaría viciado de nulidade por terse adoptado prescindindo total e absolutamente do procedimento legalmente establecido”.

Montes reitera que “é lamentable que a oposición intente impor a súa versión por enriba dos informes dunha habilitada nacional e dos técnicos municipais”. Por último, sinala que “as súas ganas de desinformar e confundir son tan esaxeradas que rozan a falta de ética, esquecen toda vocación de servizo á cidadania e incurren en falsedades que poñen en risco o futuro das veciñas e dos veciños que afrontarán pagos máis altos de tributos e recibirán menos e peores servizos”.


Máis novas en vigoalminuto


Sen goberno local

O goberno de Mondariz liderado por AporM presentou a súa dimisión o pasado día 11, «ante o bloqueo absoluto dos tres grupos municipais da oposición -PP, BNG e PSOE- que dende o inicio da lexislatura permanecen unidos para paralizar calquera avance, investimento ou mellora para a cidadanía.»

Daquela, o alcalde informaba á cidadania que os cinco edís de AporM «sacrificaban toda a dedicación destes anos e renunciaban aos seus cargos no goberno para pasar a ser concelleiras/os da oposición» e permitir que un novo goberno de alianza dos tres grupos dese luz verde ás necesidades das veciñas e veciños.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.