O Concello de Redondela organiza para o curso 2024/25 un Obradoiro de Interpretación, unha actividade dirixida ao público a partires dos 12 anos de idade.
A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez Táboas, explica que este obradoiro, ademais de formar ao alumnado nas artes escénicas e a comunicación, “servirá tamén para poñer en valor os recursos patrimoniais de Redondela”. A edil sinala que “tanto o patrimonio material como inmaterial do municipio estarán moi presente neste obradoiro, dando protagonismo a fitos como a Batalla de Rande ou a figura das Madriñas de San Simón”. Pérez Táboas lembra que noutras ocasións téñense feito traballos para dar a coñecer o patrimonio industrial da vila, “como no caso das traballadoras do téxtil da fábrica de Regojo”.
Quendas e horarios
No obradoiro estableceranse dous grupos «un para adolescentes de 13 a 16 anos de idade, e outro para mozos e adultos de 17 anos en diante«.
As clases comezarán o vindeiro día 3 de outubro, e será no Multiusos da Xunqueira os mércores ás 17:00 a 18.30 horas para adultos e de 19.00 a 20.30 horas para adolescentes. Os participantes aprenderán técnicas de interpretación e comunicación co obxectivo de preparar algunha representación sobre as táboas ao longo do ano. A concelleira de Cultura e Turismo anima a toda a veciñanza a inscribirse «xa que tamén mellorarán as súas habilidades sociais e ampliarán o seu coñecemento sobre o patrimonio e a historia do municipio».
Ademais en vigoalminuto
- Povisa estrena nueva resonancia magnética, que ya funciona a pleno rendimiento
Mantendrá hasta septiembre la unidad móvil que ha cubierto el servicio durante las obras - Más de 40 artistas toman el Centro Comercial Gran Vía durante cuatro días, con un mercado de arte y creación
El mercado ‘Mona’ celebra su undécima edición desde este miércoles hasta el sábado - Ya puedes apuntarte a la marcha contra el cáncer, que recorrerá Vigo el 18 de octubre
Con carreras de 5 y 10 kilómetros y una andaina de cinco kilómetros por las calles de la ciudad
Custo
A participación nesta actividade ten un custo de 79,50 euros para todo o curso, desde outubro de 2024 ata maio de 2025. O obxectivo do Concello é «ofrecer unha actividade cultural de calidade que sea accesible para toda a veciñanza, xa que o prezo non chega aos 10 euros mensuais», sinala a concelleira Pérez Táboas.
Inscrición
O prazo de inscrición estará aberto desde o 18 de setembro ata o 2 de outubro. Os interesados poderán facelo no rexistro do Concello ou a través da páxina www.redondela.gal. Para máis información poden dirixirse ao enderezo electrónico [email protected] ou ao teléfono 986 400 300. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición.
