Do 20 ao 28 deste mes, o Vigo o cinema freak apodérase da Praza Elíptica (proxeccións nos Cines Tamberlick e actividades paralelas na Sala Apo’strophe.arte) con ducias de actividades entre proxeccións da Selección Oficial, filmes homenaxeados, Pequefreak, proxeccións especiais, concurso de banda deseñada, exposición e mesas cadradas –consulta AQUÍ todo o programa-.
Ademais en vigoalminuto
- Dertenido en Vigo por falsificar un permiso de residencia y ceder su uso a otros compatriotasUtilizaban dicha documentación para hacerse pasar por el titular y poder trabajar
- Estas son as axudas da Deputación a clubs deportivos que participan en competición estatalPreto de 30 equipos de Vigo recibirán máis de 300.000€
- ‘Volcán islandés de nombre impronunciable’, la nueva novela del vigués Iago MéndezYa a la venta
Programación previa
Pero antes, o Galician Freaky Film Festival ten preparadas tres actividades para ir quecendo o ambiente freak da cidade e atraer ao maior número número de asistentes ao festival.
Esta programación previa arranca xa: este mesmo xoves día 12 ás 19:00h. coa presentación na FNAC do libro Un viaje por el cine fantástico y de terror, con Javier Trigales e David Salgado. Primeiro volume dunha saga na que os guionistas galegos repasan, xunto a outros colaboradores, os albores do cine fantástico e de terror en todo o mundo ata os anos 60.
Tamén o xoves, a partir das 22:00h., o equipo trasládase ao local de xogos de mesa Cheyenne para vivir unha noite de Trivial Freak, na que se porán a proba os coñecementos dos participantes arredor do cine de terror e ciencia ficción. A xornada promete moitas risas e algún susto, xa que o festival está dedicado este ano ás sagas Terminator e Pesadelo en Elm Street e ten preparadas sorpresas relacionadas con estes filmes. A inscrición ten un prezo de 2,50 € por equipo, e recoméndase formalizala con antelación a través do teléfono 630 06 50 75, ainda que non é estrictamente necesario.
Quen sexa quen de demostrar que é un auténtico freak respondendo correctamente a todas as preguntas poderá levar algún dos premios aportados por Devir.
A terceira actividade da semana é unha Batalla de Programadores entre os cinco responsables de artellar a programación do Galician Freaky Film Festival. Unha noite de curtas, humor e cervexas que se celebra na Galería Maraca o venres 13 de setembro a partir das 20:00 h . Juan de Castro ‘Herr Direktor’, Miriam Álvarez ‘Lady Reference’, Ignacio Lago ‘Hacker Man’, proxectarán as súas curtametraxes favoritas e chegarán ás mans para alzarse co premio de Mellor Programador GFFF.
‘Galician Freaky Film Festival: “8 anos de freakismo xuntos”
O Galician Freaky Film Festival é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Desde hai 8 anos trae a Vigo unha coidada selección nacional e internacional de curtametraxes de xénero. Pezas moitas veces inéditas en Galicia e España.
Unha abraiante selección de obras, unha coidada programación de actividades paralelas e un ambiente único “fan que cada ano aumente o exército de freaks que se achegan a Vigo para gozar do GFFF, unha experiencia que vai alén do cinematográfico”.