A delegada territorial da Xunta en Vigo informou hoxe de que o Goberno galego contará en outubro co proxecto de construción do novo instituto de Navia. Ana Ortiz indicou que en canto reciba o documento, a Consellería de Educación licitarás obras, logo de contratar a redacción do proxecto en xaneiro- á UTE formada polas empresas Iglesias y Veiga Arquitectos e Mestura Arquitectes-.
14 millóns de euros
Ortiz lembrou que os Orzamentos deste 2024 xa contemplan a construción do centro educativo en tres anualidades:
- 103.769,45€ no ano 2024
- 6.761.639€ no 2025 e
- 6.761.639€ no 2026
Con todo, o orzamento de licitación definitivo deberá axustarse á contía económica definida que determine o proxecto.
“Continuamos avanzando no compromiso de facer realidade esta nova infraestrutura educativa e como mellor proba figura o cadro de investimentos que levará a cabo nas diferentes partidas orzamentarias ata un total de 14 millóns de euros”, explica Ortiz.
Outras novas en vigoalminuto
- El BNG reprocha a Caballero haber contratado sólo 27 viviendas protegidas de las 6.000 que prometió hace 19 años

- La jueza deja en libertad al detenido por apuñalar, presuntamente, a su tío en Cangas

- Castrelos abre la inscripción para sus campamentos culturales gratuitos de verano

- La Diputación libera casi un millón de euros para Pintor Colmeiro y la Pista Vermella

Máis de 8.000m2 e 700 alumnos
O novo instituto, que «atenderá as necesidades educativas derivadas da dinámica poboacional nunha área de expansión como Navia», deseñarase seguindo as especificidades académicas, tecnolóxicas e de sostibilidade recollidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta.
Será o primeiro instituto construído en base a estes parámetros. Terá capacidade para arredor duns 700 alumnos de ESO e Bacharelato e ocupará unha superficie total de preto de 8.200 m². En consonancia co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, propóñense espazos docentes interactivos, dinámicos e adaptables. Ademais, o edificio construirase pensando en reducir nun 30% o consumo enerxético respecto de edificios similares.
