Comarcas

Comezan 34 novos obradoiros de ‘+Xuntas’ en 22 concellos da provincia

Programa provincial destinado a promover a igualdade

A Deputación de Pontevedra comeza esta semana novas actividades formativas do programa +Xuntas que mobilizarán un total de 34 colectivos de 22 concellos da provincia: Baiona, Caldas de Reis, Cangas, Cuntis, A Estrada, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, Lalín, A Lama, Marín, Moraña, Mos, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Silleda, Soutomaior, Tui e Vigo. Mulleres de entidades sociais destas localidades iniciarán as actividades formativa sincluídas nunha iniciativa da Deputación que busca promover a igualdade, un dos grandes compromisos e obxectivos transversais do goberno da institución provincial.

Luns, 9

Este luns 9 de setembro comezarán dous obradoiros de pilates para usuarias da Casa Santa María da
Esperanza Escravas Virxe Dolorosa (Mos) e da Asociación Cultural Moreira A Tope (Soutomaior), así como
un de conservacións de alimentos, conservas e encurtidos na Asociación Mulleres en Igualdade do Rosal e outro de arte floral para a Asociación Cultural San Fins de Rebordáns (Tui).

Martes, 10

Xa o martes 10 de setembro iniciarán os seus cursos un total de 11 entidades sociais. A Asociación de
Mulleres Rurais Carballeira (Caldas de Reis) e a Asociación As Mulleres de Troáns (Cuntis) comezarán cursos de ximnasia hipopresiva; a Asociación Érguete Baixo Miño (A Guarda) un obradoiro de autoestima e comunicación asertiva; A Fundación Pazo de Mos e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Silleda) de ioga; a Asociación Cultural Son de Xeve (Pontevedra) un de conservación de alimentos, conservas e encurtidos; a Asociación Rural Mulleres Estribela Lourizán (Pontevedra) un de musicoterapia; a Asociación de Veciños de San Pedro de Matamá – La Unión (Vigo) un de horta ecolóxica; a Asociación Centro Cultural e Social de Baiña (Baiona) un de alfabetización dixital, e a Asociación Libélulas BCS (Pontevedra) e a Asociación Veciña-Cultural Cortegada (Silleda) de pilates.


Ademais en vigoalminuto


Mércores, 11

Pola súa banda, o mércores 11 de setembro será a quenda das usuarias da Asociación de Veciños de
Gandón (Cangas), que comezarán un curso de iniciación á costura de retallos; da Asociación Cultural
Chorima (Moraña) que empezarán un de ioga; da Asociación Centro Social, Cultural e Recreativo de Cedeira (Redondela) un de xardinería, e da Asociación de Veciñas e Veciños Ameixoa (Salceda de Caselas) de alfabetización dixital.

Xoves, 12

O xoves 12 de setembro comezarán 6 novos cursos. Neste caso, as usuarias da Asociación de Mulleres
Rurais a Torre da Barreira de Riobó e a Asociación de Veciños San Esteban de Oca, ambas na Estrada,
comezarán o curso de arte floral. Ademais, a Asociación Aspadeza (Lalín) e a Asociación Veciñal A Fonte
Cantodarea-Estribela (Marín) o de risoterapia; a Asociación de Veciños San Amaro de Menduiña (Cangas) o de xardinería, e Asociación de Mulleres Intercambio do Saber (Marín) o de personalización de álbums.

Venres, 13

Ademais, o venres 13 comezarán 6 novas accións formativas noutras tantas asociacións. Así, usuarias da Asociación de Mulleres Rurais Consumidoras e Culturais A Xuntanza (Fornelos de Montes) e da Asociación de Veciños de San Vicente e Canedo (Ponteareas) iniciaranse na costura de retallos; as da Asociación deVeciños Desenvolvemento Rural de Alberguería (Moraña) comezarán o curso de horta ecolóxica; mulleres da Asociación de Veciños O Mirador Monteporreiro (Pontevedra) o de risoterapia; da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Salceda (Salceda de Caselas) o de arte floral, e da Asociación de Mulleres Rurais Caselas (Salceda de Caselas) o de conservación de alimentos, conservas e encurtidos.

Sábado, 14

Por último, o sábado 14 de setembro serán 3 os obradoiros que dean comezo: o obradoiro de plantas
medicinais na Asociación de Mulleres Rurais A Lagoa de San Vicente do Grove, o de arte floral da Asociación de Mulleres de Seixido (A Lama) e o de teatro na Asociación Veciñal Novo Vigo.

207 obradoiros dirixidos a entidades de 53 concellos

No marco do programa +Xuntas este ano terán lugar 207 obradoiros dirixidos a entidades de 53 concellos da provincia que traballan na promoción das mulleres, apoiando o seu desenvolvemento. O programa ten un orzamento de 325.000 euros e chegará a máis de 5.000 mulleres, xa que cada un dos cursos está dirixido a un máximo dunhas 20-25 persoas. Ás entidades ofrecéronselle 26 obradoiros encadrados en catro bloques temáticos relacionados coa tecnoloxía, a creatividade, o medio natural e a saúde.

Os obradoiros de +Xuntas adxudicáronse a colectivos de Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de
Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis,
Dozón, A Estrada, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño,
Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas,
Pontevedra, Portas, Redondela, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilaboa, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.