Comarcas

Reabre o Mercado Municipal de Tui

Con 7 postos que serán 13 en poucas semanas e que poden chegar aos 20 fixos

Reabre o Mercado Municipal de Tui

Dende este martes pasado volve a funcionar o Mercado Municipal de Tui, co nome de ‘Mercado de San Antonio’. En total, abriron 7 postos de peixe, unha carnicería e unha florería. Pendente está, nos próximos días, a posta en servizo doutra carnicería.

Nunha segunda fase está prevista a incorporación dun posto de produtos gourmet, outro especializado en café e chocolate, unha panadería e o espazo gastronómico. Dos 20 postos fixos e catro temporais 13 están adxudicados nestes momentos, e os restantes sairán en breve de novo a licitación, cuxas características e requisitos están dispoñibles no Concello de Tui para aquelas persoas que estean interesadas.

Modernización das instalacións municipais

A obra do Mercado de San Antonio forma parte dun proxecto integral de modernización e dixitalización das instalacións municipais, considerado «prioritario» polo Goberno local.

Así, a reforma integral do edificio, cun investimento de máis de 1.300.000 euros, ten como obxectivo principal a dinamización da economía local a través da creación dun centro de comercio na localidade, que sexa ao mesmo tempo un polo de atracción para novos emprendedores e un lugar de encontro para a veciñanza no que acceder a produtos locais de primeira calidade e frescos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.