Destacados Vigo al minuto

Esixen a intervención do Goberno local na folga do servizo de mantemento de zonas verdes de Vigo

Foi adxudicado por un importe de 34 millóns a unha UTE de Acciona e Manten

O Bloque Nacionalista Galego esixe a intervención do Goberno municipal na folga indefinida no servizo de mantemento de zonas verdes de Vigo. Así o manifestou o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, que mantivo un encontro con representantes sindicais no que trasladou o total apoio da fronte nacionalista ás «xustas reivindicacións» do persoal por uns salarios dignos.

Un servizo de 34 millóns

Igrexas cualificou de «absolutamente inaceptábel o bloqueo da negociación colectiva por parte da empresa concesionaria, a UTE entre Acciona e Manten», tendo en conta que o Concello de Vigo adxudicou este servizo por un importe de 34 millóns de euros. «Trátase dun servizo municipal absolutamente básico, sobre todo no contexto do verán onde o adecuado mantemento e limpeza das zonas verdes é esencial en termos de seguridade, habitabilidade e hixiene», destacou.

O portavoz municipal do Bloque esixiu por estes motivos que Abel Caballero «deixe de ollar para outro lado» e esixa á empresa concesionaria que retome dende hoxe as negociacións na procura dun acordo xusto para desbloquear o conflito. Cuestionou nese sentido que o Goberno local veña de impiler uns servizos mínimos «abusivos» que non se axustan á situación do cadro de persoal para «dificultar o dereito fundamental de folga».

«Complicidade con empresas pirata»

Igrexas foi especialmente duro co alcalde ao que chamou a abandonar a «súa permanente complicidade con empresas pirata», en referencia ás concesionarias que prestan servizos ao Concello e que «reciben millóns de euros públicos malia incumprir os pregos dos contratos» ou non ofrecer garantías para unhas condicións laborais e salariais dignas.

«Non podemos seguir a financiar a precariedade con diñeiro de todas as viguesas e vigueses, nin tampouco consentir que en servizos de titularidade municipal o persoal perda poder adquisitivo, vendo empobrecidos os seus salarios», defendeu Igrexas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.