Galicia

O martes abre o prazo para solicitar estadías no programa ‘Benestar en Balnearios’

O Diario Oficial de Galicia publica este luns a convocatoria, con máis de 1.230 prazas

O martes abre o prazo para solicitar estadías no programa 'Benestar en Balnearios'

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, presentou a décima edición do programa Benestar en Balnearios. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará este luns esta nova convocatoria, de xeito que o prazo para presentar as solicitudes abrirá o vindeiro martes e permanecerá aberto durante un mes.

Así, a conselleira explicou que o Goberno galego continúa a mellorar esta iniciativa que ten coma obxectivo que as persoas maiores manteñan unha vida activa. Por iso, este ano increméntanse as prazas ofertadas ata superar as 1.230 e tamén se aumentan as quendas aos meses de verán, de maneira que aquelas persoas que así o desexen poidan gozar deste programa desde o mes de xullo a decembro.

Convenios coas tres universidades

Neste eido, Fabiola García salientou que o Goberno galego conta con aulas sénior e con convenios coas tres universidades para aquelas persoas que queiran seguirse formando; e tamén se impulsou este ano o Carné +65, que permite ofrecer descontos, vantaxes e viaxes para desfrutar desta nova etapa.

Programa Benestar en Balnearios

Como reiterou, o programa Benestar en Balnearios está destinado a persoas maiores de 60 anos. Oferta estadías de 10 días en réxime de pensións completa en 15 establecementos de toda Galicia. A Xunta destina a esta convocatoria un 9% máis que na pasada edición, isto é, un orzamento de 300.000 euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.