Comarcas

Desde este xoves no Porriño, ‘Acienciacerta’, a primeira mostra de ciencia na rúa

Aproveitando a implantación na vila de empresas científicas e tecnolóxicas

Esta semana O Porriño inza as rúas de ciencia. Chega a I Mostra de ciencia na rúa/openscience ‘ACIENCIACERTA’, organizada polo Concello do Porriño co patrocinio de Zendal , tomará a vila os días o xoves 6, venres 7 e sábado 8 de xuño.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado polo director da feira, Juancho Castaño, e a directora de comunicación de ZENDAL, Beatriz Díaz, presentaron o evento que pretende achegar a ciencia á veciñanza do Porriño.

Unha vila con grandes empresas relacionadas co ámbito científico

Tal e como relatou Castaño, existen varios proxectos, iniciativas e experiencias de feiras científicas (openscience) en Galicia “pero ningunha delas coas dimensións nin a proxección pública que se quere alcanzar con esta mostra ao contar cunha localización como a nosa vila” .

E é que O Porriño conta cun importante número de empresas relacionadas co ámbito científico ou científico/tecnolóxico nos seus polígonos industriais. “Esta é unha fortaleza moi importante, pois é un concello pioneiro na implantación de empresas con alto valor engadido e I+D+i, especialmente no sector farmacéutico ou da automoción pero tamén na alimentación, mecanización e outros sectores estratéxicos para a economía”, explicou Juancho, “E esta feira pretende establecer esa ponte entre toda esta industria e a cidadanía, especialmente entre a cativada”.

Máis científicos

Así, entre os principais obxectivos desta feira está o de aumentar as vocacións científicas e espertar o gusto pola ciencia entre pequenos e maiores. Todo isto dunha maneira lúdica e asequible para os nenos e nenas. Tamén establecer pontes entre docentes, institucións científicas e a sociedade dun xeito diferente para compartir coñecementos e ideas.  

Investigadores e investigadoras

ACIENCIACERTA contará con persoeiros de relevancia no eido científico como a Catedrática de Física Aplicada da Universidade de Vigo, Verónica Salgueiriño Maceira que será a I Madriña de ACIENCIACERTA e a encargada de ler o Pregón. Verónica, veciá de Pontellas,  é investigadora en materiais magnéticos con aplicación en biodispositivos como nanorobots no CINBIO.

Tamén Concha Monje Micharet, catedrática da Universidade Cartos III de Madrid, investigadora de Robótica Branda e Control de Sistemas no Grupo de Investigación “RoboticsLab”. Estarán Roberto Iglesias Rodríguez, profesor da USC en intelixencia artificial e coordinador do Grao de Investigador do CiTIUS. e Laura Filloy, xornalista científica de Gciencia Para facer chegar a inquedanza científica a través da expresión artística contaremos coa gañadora do premio Goya,  Janet Novás, e o ilustrador Kiko da Silva.

Xurado

Durante a Feira, os distintos stands dos centros educativos mostrarán as súas propostas e será un xurado científico, xunto co voto popular, quen determine o gañador desta edición. O xurado estará presidido pola madriña desta edición, que estará acompañada pola farmacéutica Celia Diz e Julio Sánchez, enxeñeiro industrial en AIMEN. 

A representante de Zendal incidiu en que polo forte arraigo da compañía co Porriño “ZENDAL quería e debía estar presente nesta mostra. Se existe un clúster biofarmacéutico e un proxecto industrial en Galicia es en O Porriño e Zendal é parte activa deste cluster”.

Díaz continuou explicando que como grupo biofarmacéutico “sentímonos responsables de deixar un impacto positivo no pobo, e facémolo sobre todo co noso traballo diario, que son as vacinas e os productos farmaceúticos, pero tamén co emprego de alta cualificación, poñendo en valor a ciencia e os científicos, participando en eventos de divulgación como esta feira e coa nosa defensa de promoción da muller e da nena, e dos nenos, na ciencia”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.