Comarcas

Un ‘museo’ para Antonio Palacios

Será unha realidade este mesmo ano, coincidindo co 150 aniversario do seu nacemento

Un 'museo' para Antonio Palacios

A nova Sala de Exposicións Antonio Palacios será pronto unha realidade. Este museo no que se mostrará, a través de diferentes, pezas a traxectoria profesional e persoal do arquitecto porriñés, abrirá as súas portas este ano no marco do ano `Antonio Palacios. Patrimonio do Porriño´.

Preto do Concello, obra do propio Palacios

O alcalde, Alejandro Lorenzo, supervisou os traballos de acondicionamento do local onde se ubicará a sala. Trátase dun céntrico espazo situado preto da Casa Consistorial (obra do propio Palacios) , que dispón dunha superficie útil de 107,88 m2 e que ata o de agora se atopaba totalmente lóbrego.

As obras de adaptación requiren unha inversión de preto de 67.000€ e céntranse na acometida de instalacións de ventilación, climatización, electricidade, protección contra incendios e tamén a formación das fachadas, principal e traseira.  Simultaneamente, está a traballarse no proxecto de musealización da sala, co obxectivo de que se garantice unha adecuada visión das pezas e a súa conservación.

Material inédito do arquitecto

“A nova sala contará cunha mostra permanente materiais inéditos e descoñecidos ata o de agora”, explica o alcalde. “Un material de gran valor que vai desde cadernos de traballo e de campo do arquitecto, textos, debuxos, planos ou maquetas, que atesoramos na súa vila natal e queremos abrir ao mundo”

Lorenzo subliña que, ademais, este espazo será un centro neurálxico da cultura na vila, “pois ademais da mostra albergará actividades culturais que xirarán en torno á figura de Antonio Palacios, como xornadas de arquitectura ou historia”.

Cabe destacar que a apertura desta mostra permanente é unha das moitas iniciativas que conforman a axenda cultural porriñesa este ano, no que ademais de conmemorarse o 150 aniversario do nacemento do arquitecto porriñés e cúmprense 100 anos da construción da Casa Consistorial.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.