Deportes

Preto de 9.600 escolares utilizaron xa o Módulo Deportivo de Ifevi, dende a súa inauguración

Para practicar bádminton, atletismo e voleibol

Preto de 9.600 escolares utilizaron xa o Módulo Deportivo de Ifevi, dende a súa inauguración

Preto de 9.600 escolares xa participaron en diferentes actividades (bádminton, atletismo e voleibol) desde a posta en funcionamento do Módulo Deportivo de Ifevi, en febreiro de 2023.

“Estamos ante un éxito rotundo desta nova infraestrutura no seu primeiro ano de vida, que ademais de ser campo de entrenamento para os atletas da área de Vigo, tamén é utilizado polo alumnado dos centros escolares”, sinalou a delegada da Xunta, Ana Ortiz.

“Xogabadminton na escola”

Este mesmo martes levouse a cabo no pavillon a actividade “Xogabadminton na escola”, na que participaron preto de 250 alumnos e alumnas de 3º de Primaria de seis centros escolares de Vigo: Pintor Laxeiro, O Pombal, Escultor Acuña, Lope de Vega, Montesol e Carmelitas. Ao longo do ano 2023 fixeron uso do Ifevi en horario lectivo aproximadamente 5.000 alumnos, mentres que nos primeiros meses de 2024  a cifra xa é de 4.600.

A instalación do equipamento do módulo de atletismo tivo un investimento de 312.547,32 euros. A isto hai que engadir o convenio aprobado por importe de 200.000 euros para o uso e mantemento, ademais da inversión de 8,3 millóns para construír o novo Pavillón 5.

O módulo de atletismo forma parte da segunda ampliación do Ifevi, que se suma á realizada en 2018, cun custo de máis de 4 millóns de euros.

También te puede interesar