Galicia

Denuncian atrasos nas nóminas do persoal do servizo de ambulancias non urxente de Vigo

E alertan da «desaparición» do dono da empresa

A Central Intersindical Galega (CIG) denunciou perante a Inspección de Traballo que o persoal de Ambulancias do Atlántico, actual concesionaria do 061 en Vigo, Cangas e Moaña (que tamén presta o servizo de transporte sanitario dos hospitais para a área sanitaria viguesa) leva un ano enteiro acumulando atrasos no pago dos seus salarios.

250 traballadores

«Esta situación ven de complicarse máis despois de que o persoal sanitario afectado cobrase a paga extra de marzo unha semana máis tarde do establecido e, sobre todo, porque na actualidade aínda non cobraron a mensualidade de marzo, incumpríndose así o acordo coa empresa que obriga a facelo antes do último día de cada mes».

Empresario de ambulancias «desaparecido«

Ademáis, os responsábeis da CIG aseguran que «na actualidade, o empresario catalán Carlos Simón García atópase desaparecido e en paradeiro descoñecido». Así, afirman, «non se presenta na empresa, non contesta os requirimentos da representación do persoal, non atende os correos nin as chamadas e non comparece nas reunións de xestión».

Sen directora de recursos humanos e co director da empresa de baixa

Froito desta situación, subliñan dende a CIG, a recentemente designada directora de recursos humanos «abandonou a empresa sen se presentar ao traballo dun día para outro« e o «director da compañía está de baixa médica». Por estes motivos, «o propio persoal traballador que aínda non cobrou é o encargado de xestionar integramente o funcionamento da empresa».

Á vista desta situación, a representación sindical de CIG, CCOO e USO foi atendida pola inspectora de Traballo que levará o caso que, dada a urxencia e gravidade da situación, comprometeuse a intentar
localizar ao empresario
para esixir a súa comparecencia urxente.

Onde van os cartos?

Esta é a pregunta que se fan os representantes da CIG á vista de que o 061 ven de incrementar en máis de 800.000 euros anuais o importe da licitación a Ambulancias do Atlántico e que esta mesma empresa conta tamén coa concesión dos hospitais de Vigo, a adxudicación do servizo sanitario da Volta Ciclista a España, o Centro Penitenciario da Lama, o seguro de saúde Adeslas e o hospital Rivera Povisa, «os atraos nos pagos ao seu persoal sanitario e aos provedores son continuos».

A difícil situación económica que semella atravesar a empresa vai en aumento, xa que esta mesma semana «as tarxetas de pago que se empregan para a repostaxe das ambulancias deixaron de funcionar e tan só se pode acudir á gasolineira de Repsol da Avenida de Madrid».

Ademais dos problemas económicos a empresa «suma denuncias na Inspección, e mesmo vén de ser sancionada pola utilización de ambulancias asignadas a un contrato coa Administración pública na realización de servizos privados. O último incumprimento do que se ten constancia é o de entregar documentación con información falsa para o concurso do actual servizo do 061″.

Xestión directa da Consellaría

Este luns a representación sindical de CIG, CCOO e USO comunicoulle oficialmente a situación da empresa tanto ao Sergas como ao 061. No escrito solicitan formalmente que se execute o aval depositado por Simón nos contratos que ten coa Administración para que a Xunta asuma directamente a xestión das ambulancias e que a Consellaría de Sanidade abone os salarios ao persoal sanitario que continúa sen cobrar.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.