Comarcas

As festas de San Telmo continúan en Tui con música e teatro

E remata a inscrición para a Carreira popular do sábado

Música e teatro centran a proposta da programación para mañá mércores e para este xoves nas festas de San Telmo en Tui, declaradas Interese Turístico Galego.

Este mércores

A Coral do Centro Sociocomunitario de Tui actuará, ás 16.30h, na Residencia San Telmo. A música será a protagonista tamén na carpa da Corredoira onde tanto hoxe coma o xoves ás 18h actuará o alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Tui.

Mentres no Teatro Municipal ás 21:00h a cita será co teatro dentro da XIV Semana de Teatro Amador: o grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis representará “Pola sombra dun burro” unha comedia satírica escrita por Friedrich Dürrenmatt que nos achega á liorta entre un asneiro e un dentista pola sombra dun burro. Bego Brass dirixe o elenco formado por Estela Rey, Eva Pazo, Germa Pérez, Manuel Gómez, Marta Pazo, Miguel Enríquez, Miguel A. Pazo, Merchi Rodríguez, Román Bugarín, Samuel Otero, Secundino Domínguez e Candela Souto.

O xoves

Laura Villaverde dirixe, tamén ás 21h., o grupo de teatro “San Fins” de Rebordáns que levará a escena “A Familia”, unha obra da súa autoría que relata que acontece cando a familia Perillo vende un monte de madeira e decide repartir os cartos cos seus fillos emigrados que deberán vir a Galicia para recibir a súa parte. Sobre o escenario estarán Antonia Novás, José Álvarez, Juana Dávila, Concepción Pereira, Mª Isabel González, Álvaro Iglesias, Concepción Costa, Angela Oliveira e Katia Rocha nesta comedia. Amais ás 19h fará un pasarrúas Barafunda Animación con “O Globador tolo”.

Tanto para a obra do mércores coma do xoves as entradas, a un prezo de 2€, están á venda en tui.gal até o día da función ás 18h, e o mesmo día poderán mercarse no despacho de billetes.

Ollo!

Doutra banda, hoxe ás 22h, remata a inscrición para a Carreira Popular de San Telmo que se vai celebrar este sábado, día 6, a partir das 11:00h, no Paseo da Corredoira. A participación é gratuíta, pero dado o carácter solidario da proba o sábado na recollida de dorsais entregarse un quilo de alimentos non
perecedoiros para SOS Tomiño-Baixo Miño. Inscrición en: https://clubatletismotui.wordpress.com/.

Mentres o xoves pecha a inscrición para a Andaina de San Telmo que sairá o domingo, ás 10h, dende a Praza da Inmaculada para realizar un percorrido sinxelo, duns 9 quilómetros polo centro urbano. Neste caso o prezo da participación é de 6€ e as persoas interesadas poden anotarse en andatui.es. Esta actividade forma parte do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença.

Lembra

  • Mércores 3
  •  16.30h – 17.00h No Residencia San Telmo, actuación da Coral do Centro
  • Sociocomunitario de Tui.
  •  18.00h – 19.00h Na Carpa da Corredoira, actuación do alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Tui – CMUS Tui.
  •  21.00h – 22:10h No Teatro Municipal, XIV Semana de Teatro Amador co grupo Aloia de Pazos de Reis. Estrea de “Proceso pola sombra dun burro”.
  • Xoves 4
  •  18.00h – 19.00h Na Carpa da Corredoira, actuación do alumnado e
  • profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Tui – CMUS Tui.
  •  19.00h – 20.00h Na Corredoira, pasarrúas “O Globador Tolo” de Barafunda.
  •  21.00h – 22:00h No Teatro Municipal, XIV Semana de Teatro Amador co grupo San Fins de Rebordáns. Estrea de “A Familia”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.