Sin sección

Teatro, música e espectáculos para o público familiar hoxe e mañá nas festas de San Telmo

En Tui

Teatro, música e espectáculos para o público familiar hoxe e mañá nas festas de San Telmo

Tras unha intensa fin de semana hoxe continua a programación das festas de San Telmo. Así, a actriz Isabel Blanco deu lectura ao pregón o sábado ao mediodía e pola tarde entregáronse os premios Cidade de Tui a Susana Esteban e á Asociación Amigos da Catedral.

A música foi protagonista cos concertos de Fillas de Cassandra, Quinkillada, Manuel Madarnás, The Turre’s Band, as bandas de música Popular de Tui e a Agrupación Musical do Rosal, e as bandas de gaitas Arume de Malvas e Lembranzas da Terra de Guillarei. Tampouco faltou a cita co festival folclórico no que onte á tarde participaron no Teatro Municipal os grupos Santa Columba de Ribadelouro, San Telmo, Traxe Tradicional, Seixos Albos de Areas, Lembranzas da Terra de Guillarei, Inquedanzas de Pazos de Reis, O Mosteiros de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe e Darraia de Tui. La Oca Band amenizou a primeira verbena.

Teatro

Este luns comeza a XIV Semana de Teatro Amador. Ás 20:00h a CAI, a Compañía Artística Interdisciplinar do Espazo Xove, que dirixe Laura Villaverde con “Efecto rabaño” será abrirá a programación teatral deste ano.

Será cunha acción escénica contemporánea que nos mergulla no caótico mundo interior dun grupo de adolescentes mentres loitan contra o control parental, exploran a súa identidade a través da lectura e da música, e enfrontan os conflitos existenciais propios da xuventude. Sabela Martínez Villaverde, Celia Bugarín Brocos, Candela García Martínez, Lucía Piñeiro Benavides, Eugenia Seoane Urceira, Ilán Munro Espinosa e Eva Afonso Ribeiro forman o elenco da obra.

Martes

O martes, ás 21:00h, será a quenda do grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe que porá en escena “Don Juan”. A obra escrita por Manuel Diz González é unha adaptación ao século XXI do clásico de José Zorrilla. Areta Bolado dirixe ao elenco formado por Pilar Álvarez Aballe, Jose
Amancio Muíños González, Pablo Alfaya Pérez, Noelia Solla Diz, Alba Martínez Domínguez, Alberto Sánchez Murias, Graciela González Patricio, Juan Carlos López Pazo e Manuel Diz González. As entradas están á venda en tui.gal ao prezo de 2€ até o día da función ás 18:00h. Resérvase unha porcentaxe para a venda no despacho de billetes o día da función dende unha hora antes. 

Música

A música coral chegará hoxe ás 16.30h á Residencia Paz e Ben coa Coral Ponte das Febres, e mañá, á mesma hora, actuará a Coral San Telmo no Centro de Día Amoralia.

Así mesmo, o público familiar poderá gozar na carpa da Corredoira ás 18:00h deste luns con “Os ourizos agarimosos” con música e monicreques e o martes con “Globotolo” de Barafunda.

Programación

Luns 1

  • 16.30h – 17.00h Na Residencia Paz e Ben, actuación da Coral Ponte das Febres.
  • 18.00h – 19.00h Na Carpa da Corredoira, música e monicreques con “Os Ourizos agarimosos”.
  • 20.00h – 20:30h No Teatro Municipal, XIV Semana de Teatro Amador coa CAI,
  • Compañía Artística Interdisciplinar, do Espazo Xove de Tui. Estrea de “Efecto Rabaño”.

Martes 2

  • 16.30h – 17.00h Na Centro de Día Amoralia, actuación da Coral San Telmo.
  • 18.00h – 19.00h Na Carpa da Corredoira, actuación de “Globotolo” de Barafunda
  • 21.00h – 22:15h No Teatro Municipal, XIV Semana de Teatro Amador co grupo Chirlomirlo de Xuntanza de Randufe. Estrea de “Don Juan”.

También te puede interesar