Comarcas

O luns, día 1 de abril, se incorpora a pediatra ao centro de saúde de Mondariz

Logo de catro meses sen esta atención

O Goberno municipal de Mondariz informa que no mes de abril se incorpora a titular do servizo de Pediatría ao centro de saúde local. A concelleira de Servizos Sociais, María José Álvarez amosa a súa satisfacción e alégrase de que por fin a cidadanía teña que deixar de reivindicar un servizo público indispensable e deixe de ser unha preocupación e un trastorno para as famiias con fillas e fillos menores de 14 anos”.

Sen pediatra dende novembro

Álvarez lamenta que dende o mes de novembro as familias tiveran que reclamar un servizo que lles pertence. A propia concelleira explica que ante a falta de información oficial sobre a praza de pediatría víuse na obriga de enviar varios escritos á Conselleria de Sanidade solicitando coñecer  as intencións e prazos para cubrir a praza de pediatría dun xeito estable. Tamén lamenta que non ter recibido resposta algunha ao longo deste tempo.

As mañás dos luns, martes, xoves e venres

A partir do luns, día 1 de abril a pediatra titular estará no centro de saúde nas mañás dos luns, martes, xoves e venres.A súa chegada evitará moitos desprazamentos ás urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro, centro ao que eran derivadas as familias en todos estes meses«.

Asi mesmo, a concelleira subliña que “coa saúde non se xoga e moito menos coa das nenas e nenos. A incertidume destes meses e os longos desprazamentos ao hospital provocaban moito malestar entre a veciñanza de Mondariz que vía como se complicaba aínda máis a conciliación familiar laboral, ademais de supor un agravio comparativo hacia as persoas que viven no rural, sinala María José Álvarez.

Por último, quere lembrarlle á Consellería que a saúde é cousa de todas e de todos e non só dun grupo polo que a información oficial debe trasladarse a través de medios oficiais que cheguen a todas as persoas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.