Destacados Vigo al minuto

Comezan os actos organizados polo Concello de Vigo con motivo do 8M

Baixo o lema ‘Libre, fortes e unidas. Por ti e por todas’

Comezan os actos organizados polo Concello de Vigo con motivo do 8M

Esta semana deu comezo o programa de actos que o Concello de Vigo, en colaboración co Consello Municipal da Muller, organiza en marzo con motivo da conmemoración do 8MDía Internacional da Muller.

Nesta primeira semana haberá música, humor, poesía, teatro “e sempre, reivindicacións, baixo o lema ‘Libres, fortes e unidas. Por ti e por todas”

Programa 8M Vigo

Martes 5 de marzo

  • 12:00 Acción artística “Pan e rosas”. Punto de encontro Casa Galega da Cultura
  • 20:00 Concerto a cargo de Antía Muíño. Auditorio Municipal. Entrada libre ata completar a capacidade.

Mércores, 6

  • 20:00 Espectáculo “Xuntáronse 3 un día”. Monólogos de comedia a cargo de Jazmin Abuin, Arantxa Treus e Coria Castillo.Auditorio Municipal. Entrada libre ata completar a capacidade.

Xoves, 7

  • 19:00 Recital aberto de poesía de xénero conducido por Su Garrido Pombo.Desexamos que esta actividade sexa un acto coral polo que nos gustaría que vos sumárades coa achega dun poema da túa escolla sobre a temática de “muller”, “Igualdade”, que compartirías con todas as persoas alí presentesCasa Galega da Cultura. Entrada libre ata completar a capacidade.

Venres 8, Día Internacional da Muller

  • 10:00 Pleno específico do Consello Municipal da Muller, no Salón de plenos do Concello. Entrada libre con identificación ata completar a capacidade do local.
  • 12:00 Acción artística “8M. Por todas as mulleres do mundo”. Punto de encontro Porta do Sol.
  • 20:00 Manifestación convocada por Feminismo Unitario de Vigo. Saída desde a Praza de España.

Sábado, 9 de marzo

  • 20:00 Teatro “Helen Keller, a muller marabilla?” VigoCultura. Auditorio Municipal . Prezo 5 €. Venda anticipada de entradas.

Domingo, 10 de marzo

  • 18:00 Maxia “Igualdade, onde estás? A maga Fani VigoCultura. Auditorio Municipal . Prezo 5 €. Venda anticipada de entradas.

También te puede interesar