Comarcas

Se queres chegar aos 100 anos tes que ir a Covelo

Como Valentina Muíños Valdés, que o sábado celebrou o seu primeiro século de vida

Se queres chegar aos 100 anos tes que ir a Covelo

Se queres vivir 100 anos tes que ir a Covelo. Non, non é so un titular. O pasado mes de novembro celebramos os 108 anos de Concepción Val e hoxe…bueno foi o sábado, os 100 de Valentina Muíños Valdés.

Valentina é “alegre, incansable, valente e xenerosa”, así o comenta o seu neto, Féliz Álvarez, quen ademáis de ter unha avoa centenaria, está no Concello, como concelleiro. Seguro que foi un dos invitados á festa celebrada polo primeiro século de Valentina que naceu o 2 de marzo de 1924, na parroquia de Barcia de Mera, e como tantos galegos e galegas de aqueles tempos herdou do seu pai, Francisco, o alcume da familia pasando a ser a “Valentina do Romualdo”.

Aquel ano 1924 no que naceu Valentina, o Marqués de Alcedo fixo doazón do seu pazo de Castrelos ao pobo de Vigo; a selección de fútbol de Uruguai  deu a sorpresa nos Xogos Olímpicos de París; en Ecuador, Matilde Hidalgo de Procel, pasou á historia por ser a primeira muller en votar en América do Sur; o dictador Miguel Primo de Rivera declarou unha amnistía para gran número de delitos; morreu Lenin e a cidade Petrogrado pasau a ser Leningrado na súa honra; Mussolini gañou as Eleccións Xerais en Italia; comezaron as transmisións de Radio Barcelona (actual Cadena SER); ademais no mesmo ano naceron o actor Marlon Brando, o músico Henry Mancini, o gran Marcello Mastroianni ou o escritor Truman Capote.

Como non podía ser doutro xeito, o alcalde, Pablo Castillo, e as concelleiras, Lourdes Enes e María Valiñas, quixeron achegarse a felicitar a Valentina e a levarlle un agasallo no nome de todas as veciñas e veciños de Covelo.

Traballadora incansable

Velentina foi a menor de cinco irmáns e só deixou a súa terra natal e o traballou no campo para marchar a Calatayud co seu irmán, que era sarxento do exército. Tal e a súa paixón polo agro que aínda hoxe segue a traballalo.  Logo dese breve paso por outras terras volveu a Barcia de Mera para traballar sen horarios na sega, na recollida de leite antes de saír para ir a forestal…está en todos os traballos do campo.

Esas ganas de vivir

Valentina, que quedou viúva aos 50 anos, sacou adiante aos seus 5o fillos e coidou de seus pais que finaron con 88 anos. Para os seus netos e bisnetos, e para todas e todos nós é un referente. Aí está con esas ganas de vivir e con esa ilusión para seguir sumando primaveras. Parabéns Valentina!

También te puede interesar