Deportes

Cangas acolle o Campionato Galego de promesas de taekwondo, con máis de 700 deportistas

Este sábado, no pavillón do Gatañal

O Campionato Galego Promesas e Máster de combate, reunirá este sábado, 2 marzo, no pavillón do Gatañal, en Cangas, a máis de 700 deportistas, 45 árbitros, máis de 50 técnicos e todo o persoal da organización.

Horarios

Así, os combates serán en horario de mañá (a partir das 09:00 horas) e tarde (dende ás 15:30). Pola mañá celebrarase a competición das categorías máster, absoluta, júnior e precadete, mentres que pola tarde
será a quenda das categorías infantil e cadete.

Deportistas promesa

Este torneo nace co obxectivo de fomentar a participación dos deportistas promesas, aqueles con menos experiencia competitiva e por iso non se permite a participación dos primeiros clasificados do ranking galego, membros das seleccións galegas ou medallistas nacionais ou internacionais. É un evento de promoción do taekwondo, «no que sempre hai un fantástico ambiente e moita ilusión».

A competición está organizada polo Club Sares TKD de Cangas, supervisada pola Federación Galega de Taekwondo e coa colaboración da Xunta e do Concello de Cangas. A entrada é de balde.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.