Galicia

O 112 Galicia rexistrou máis de 240 incidencias polos efectos do temporal

Vigo foi a cidade máis afectada

O 112 Galicia rexistrou máis de 240 incidencias polos efectos do temporal. Unha vez máis, a caída de árbores e pólas nas estradas foi a tipoloxía máis repetida, superando o cento de casos (111). A continuación, sitúase a acción dos equipos de emerxencias para evitar riscos maiores (26); as inundacións e as bolsas de auga nas estradas (24) ou os cables e postes de luz ou telefonía nas vías de circulación (20). Nas estradas tamén se rexistrou a presenza de terra e pedras (14), mentres que nas vivendas e baixos comerciais a chuvia provocou varias inundacións, con 5 e 2 casos contabilizados polo 112 Galicia, respectivamente.

Vigo, a cidade máis afectada

En canto aos concellos, na provincia da Coruña destacan A Coruña e Ares (6), así como Ortigueira (4) ou Arteixo (3). En Lugo, Viveiro sumou un total de 7 incidencias; en Pontevedra, o municipio máis afectado foi Vigo, con ata 17 incidentes. A continuación sitúanse Cerdedo-Cotobade (7) e Gondomar (5).

Por último, Ourense foi a provincia menos afectada, con só 17 casos ao longo do día que se repartiron entre os Concellos de Boborás (2), A Rúa, Monterrei, Porqueira, Xinzo, Cortegada, Maceda, Entrimo, Ribadavia, Cartelle, Celanova, Castrelo de Miño, Coles, Ramirás, Laza e Piñor, todos estes cunha única incidencia contabilizada.

Alertas activas

Convén sinalar que nestes momentos permanecen activos tanto o Plan Especial ante o Risco de Inundacións en Galicia (Inungal) como unha alerta laranxa que afecta a todo o litoral da comunidade.

No caso do Inungal, atópanse en seguimento as estacións de aforo dos ríos Anllóns (Ponteceso), Ladra (Begonte), Miño (Lugo), Mera, Mandeo, Tea (Bouzo do Viso), Ouro, Mendo e Arnoia (Baños de Molgas).

Polo tanto, cómpre extremar as precaucións nas marxes destes ríos e ao seu paso polos concellos de Ortigueira, Betanzos, Paderne, Mondariz, Mondariz-Balneario, Salceda de Caselas, Ponteareas, Salvaterra de Miño, Tui, Gondomar, Allariz, Baños de Molgas, Vilar de Barrio e Maceda.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.