Comarcas

O teatro infantil, de volta en Gondomar

Este domngo, día 25, no Auditorio Municipal, da man do Baúl da Tía Tola

O teatro infantil, de volta en Gondomar

Gondomar volverá a gozar da maxia da actuación. O Concello segue adiante co seu ciclo de teatro infantil e familiar e este vindeiro domingo, día 25, no Auditorio Municipal Lois Tobío. Será ás 19:00h., da man da compañía ‘O Baúl da Tía Tola‘ que representará a obra ‘Lixo’.

‘Lixo’ créase con material plástico: dende bolsas, a cubertas, o artellamento de tendas de campaña, que serven para montar as escenografías e para crear xogos con obxectos sque son simples desperdicios e que servirán para que o público navegue nun mundo de plástico, luces, movemento e son.

Trama

​As dúas protagonistas da obra son unhas bailadeiras moi particulares que terán que crear unha cultura dende a varredura, o que convértese en toda unha aventura na que terán que comunicarse con pareados, móverse con pasos de ballet, que terán que inventar, coa axuda das luces, creando diferentes atmosferas ó longo do espectáculo, dando así ritmo e rima á obra.

As entradas, poden mercarse xa na taquilla electrónica do Concello de Gondomar -á que podes entrar premendo AQUÍ… a un prezo moi tentador: tan só 2,50 euros.

También te puede interesar