Destacados Vigo al minuto

O Xulgado anula o acordo dos comuneiros de Cabral para a cesión dos terreos do campo de golf ao Aero Club

Logo dunha demanda interposta por varios membros da Comunidade de Montes

O Xulgado anula o acordo dos comuneiros de Cabral para a cesión dos terreos do campo de golf ao Aero Club

A resolución é un complemento doutra ditada recentemente polo mesmo Xulgado que obriga a esta comunidade de montes a readmitir a 15 comuneiros expulsados hai catro anos, dado que na primeira sentenza obviouse o pronunciamento sobre eses outros acordos asemblearios.

«Votación artificiosa»

O Xulgado entende que «o sistema de votación empregado naquela reunión por Luis Rodríguez, o presidente comunal, xa fora considerado anteriormente polos tribunais como unha votación artificiosa”. En concreto refírese a cuestións como que se computaran como favorables votos non emitidos ou de comuneiros que non se pronunciaran expresamente sobre os acordos. A lexislación, segundo puntualiza expresamente a sentenza, esixe que se contabilicen votos emitidos, non presuntos votos.

Invalidado por segunda vez

Dáse a circunstancia, engaden dende a Plataforma, de que «o convenio co Aero Club fora xa avalado por unha asemblea anterior a aquela, celebrada no ano 2017, pero o xulgado, co respaldo posterior da Audiencia Provincial, invalidara tamén aquela votación por falta de quorum«. Esta nova sentenza deriva dunha demanda interposta por comuneiros contrarios á xestión de Luis Rodríguez.

Protestas

Pola súa parte, a Plataforma Galega de Afectados por Comunidades de Montes, que convocou a concentración de protesta «contra as prácticas da Comunidade de Montes de Cabral», que se desenvolveu onte fronte ao Ifevi, entende que esta última resolución xudicial amosa unha vez máis a arbitrariedade que caracteriza a Luis Rodríguez á hora de dirixir a entidade e a impunidade coa que actúa unha e outra vez”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.