Comarcas

O novo ‘Plan +Provincia’ da Deputación, destina este ano 20 millóns de euros aos concellos da Área de Vigo e sur da provincia

Son 2 millóns máis que o pasado ano 2023

Xa se coñecen os investimentos destinados aos concellos da Área de Vigo e do sur da provincia que recolle o ‘Plan +Provincia’ da Deputación. En concreto, os concellos de Arbo; Baiona; A Cañiza; Covelo; Crecente; Fornelos; Gondomar; A Guarda; Mondariz; Mondariz-Balneario; Mos; As Neves; Nigrán; Oia; Pazos; Ponteareas; O Porriño; Redondela; O Rosal; Salceda; Salvaterra; Soutomaior; Tomiño e Tui recibirán este ano preto de 20 millóns de euros, o que supón preto de 2 millóns de euros máis que os destinados pola institución provincial a estes concellos o pasado ano, cando recibiron 18 millóns.

Luis López, presidente do organismo provincial, remitiu unha carta aos alcaldes e alcaldesas tanto destes, como dos restantes concellos de menos de 50.000 habitantes que se benefician do ‘+Provincia’, detallando os recursos que lles corresponden e as principais novidades do plan, cuxa convocatoria publicouse tamén o mércores no Boletín Oficial da Provincia logo de ser aprobado no último pleno do 2023. A partir de agora, os concellos terán tres meses para presentar solicitudes.

4,2 millóns máis no plan de obras e servizos

Asi, o plan, elaborado conforme aos principios de reforzo da capacidade inversora, maior autonomía local e atención aos retos comúns de futuro, pretende, tal e como remarcou o presidente na carta remitida aos concellos, “avanzar conxuntamente nun modelo de cooperación e lealdade institucional que permita desenvolver as múltiples potencialidades da provincia.

Con este obxectivo, neste 2024 o plan de obras e servizos da Deputación incrementou a súa dotación en 4,2 millóns de euros, ata alcanzar os 48,2 millóns de euros, que se distribuirán entre os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia a través de catro liñas.

A primeira delas, dotada con 33,74 millóns de euros vai destinada a investimentos; a segunda, con 4 millóns, céntrase no gasto corrente dos concellos; unha terceira, de 9,25 millóns, para a activación do emprego e a cuarta e a novidosa liña, dotada con 1,2 millóns, para proxectos transformadores relacionados coa mobilidade.

Área de Vigo

No caso da contorna de Vigo e sur da provincia, os 19.814.535 euros que recibirán os seus concellos permitirán destinar ata 13,8 millóns de euros a novos investimentos, 1,6 millóns de euros a gasto corrente, 3,8 millóns de euros a fomentar o emprego e preto de 500.000 euros a proxectos transformadores relacionados coa mobilidade.

Para facilitar a xestión dos recursos, o ‘Plan +Provincia’ permite flexibilizar o traspaso de crédito entre liñas, de tal forma que poderá traspasarse o 100% das liñas 2,3 e 4 á liña 1; ata o 60% da liña 3 á liña 2; e entre o 30% e con carácter extraordinario ata o 50% da liña 1 á liña 2 de acordo cos requisitos establecidos nas bases publicadas o pasado mércores no Boletín Oficial da Provincia.

Ademais, tamén se incorpora por vez primeira o criterio de reto demográfico para ponderar o impacto do envellecemento e a perda de poboación nos últimos dez anos.

Inversións polo miúdo, concello a concello

Máis polo múdo, o ‘Plan +Provincia’ recolle que Arbo recibirá 511.166 euros, 57.265 euros máis que o pasado ano; Baiona 1.034.661 euros, (+75.650); A Cañiza 640.724 euros, (+57.609 euros); Covelo 578.203 euros, (+94.618); Crecente beneficiarase de 492.482 euros (+ 75.080 euros); Fornelos de Montes de 469.366 euros (+60.755); Gondomar, 1.113.740 euros, (+84.857 euros); A Guarda de 893.334 euros (+104.735); Mondariz recibirá 594.897 euros, (+50.554 euros); Mondariz-Balneario 309.181 euros (+ 33.661); Mos 1.086.623 euros; (+82.466 euros); As Neves beneficiarase de 619.486 euros, (+48.004); Nigrán de 1.115.847 euros, (+69.681 euros); Oia de 530.305, (+46.801 euros); Pazos de Borbén de 472.557 euros, (+40.703); Ponteareas recibirá 1.280.127 euros (+117.735); O Porriño 1.098.605 euros, (+72.964 euros); Redondela 1.246.289 euros (+ 80.674); O Rosal beneficiarase de 647.351 euros (+35.798); Salceda de Caselas de 741.681 euros, (+17.299 euros); Salvaterra de Miño de 1.170.695 euros (+ 283.501); Soutomaior de 617.237 euros, (+18.639); Tomiño recibirá 1.387.397 euros, (+113.529) e Tui 1.162.582 euros, 74.579 máis que no 2023.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.